O web da Real Academia Galega publicaba esta mañá, logo de que se filtrase na rede ao longo da fin de semana, o programa do Congreso que lle dedica a Lois Pereiro, homenaxeado no DÃa das Letras deste ano. O anuncio realÃzase a só catro dÃas comezo do evento, que se celebrará na Cidade da Cultura ata o vindeiro 17 de decembro. Pere Gimferrer será o responsable de abrir as xornadas cunha intervención sobre a dimensión europea do poeta monfortino. Antón Lopo, MarÃa do Cebreiro, Manuel Rivas, Xosé Manuel Pereiro, Chus Pato, Luz Pozo ou Daniel Salgado son algúns dos relatores que abordarán a figura do homenaxeado.
Desde a filtración do programa, foron diferentes voces do ámbito da cultura, como o xornalista e autor da biografÃa de Pereiro, Iago MartÃnez, Santiago Jaureguizar ou Marcos Calveiro, reflexionan, con diferentes grados de malestar, sobre a tardanza en o comunicar e o xeito de organizar o evento.
A inscrición ao congreso é de balde e está aberta no mail secretaria@realacademiagalega.org para os cen primeiros interesados.
Programa do Congreso Lois Pereiro.Desde a filtración do programa, foron diferentes voces do ámbito da cultura, como o xornalista e autor da biografÃa de Pereiro, Iago MartÃnez, Santiago Jaureguizar ou Marcos Calveiro, reflexionan, con diferentes grados de malestar, sobre a tardanza en o comunicar e o xeito de organizar o evento.
A inscrición ao congreso é de balde e está aberta no mail secretaria@realacademiagalega.org para os cen primeiros interesados.