Xacarandaina leva o premio IAR de Folclore

O galardón recoñece o traballo deste colectivo na recuperación do repertorio popular

12/12/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O Grupo de Bailes Populares IAR celebrou o pasado sábado na Coruña a súa gala folclórica, na que entregou o XX Premio IAR de Folclore Galego. O colectivo Xacarandaina foi o gañador desta edición, e viu recoñecido o seu traballo a prol da recuperación de pezas musicais da tradición popular. Os responsables do galardón sinalaron o amplo repertorio que logrou este colectivo ou a súa estensa colección de traxes populares, así como o traballo de formación e difusión da música de raíz.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xacarandaina, A Coruña

Claves

Entidades
Lugares