A distribución de música por internet está a supor unha revolución na industria musical do mundo e, por suposto, tamén nos grupos e discográficas que traballan en Galicia. Como en todas partes, mentres uns ven este sistema coma unha ameaza á supervivencia de artistas e de empresas, outros consideran que a rede abre interesantes posibilidades de promoción. No que todos están de acordo é que o futuro da industria pasa pola rede e que o actual sistema discográfico precisa unha transformación.
Un dos argumentos máis esgrimidos en contra do pirateo é que se lle están a negar ós músicos e artistas o seu medio de subsistencia. A pesar disto, en Galicia son moitos os músicos que minimizan o impacto da descarga de cancións por internet sobre a industria musical do paÃs. Segundo sinala Rodrigo RomanÃ, ex-compoñente de Milladoiro, “A piraterÃa en Galicia é mÃnima. Cando nos preocupamos polo "top-manta" estamos preocupándonos como sempre dos problemas de outros e deixamos de lado os nosos”. Para este músico, logo dunha carreira chea de éxitos internacionais, o intercambio de arquivos entre usuarios “paréceme moi ben, é legal e todo o mundo ten dereito a compartir o que lle dea a gana”. Pola súa banda, Xoel López, unha das descubertas no panorama independente estatal deste ano, cre que Internet “está a democratizar o mercado, os grupos que non contamos co apoio das grandes multinacionais temos máis posibilidades de difundir a nosa música”.
Unha incidencia desigual
Xoel sinala que “o problema afecta sobre todo ás grandes compañÃas e ós seus grupos. Para mÃn e unha maneira de darme a coñecer e de que vaia máis xente os nosos concertos”. Nas posibilidades promocionais da rede concorda tamén Anxo Pintos de Berrogüetto, que lembra que a descarga pirata de temas pola rede “non é negocio nin para artistas nin para discográficas”, aÃnda que recoñece que “non dana tanto ós grupos que non son superventas”, xa que estes obteñen a maior parte dos seus ingresos a través dos concertos. Para el cómpre que se xeneralicen as conexións de banda ancha para que a distribución de música pola rede poida ser un negocio, e reclama unha fórmula que equilibre os dereitos de artistas, discográficas e consumidores, xa que “cómpre un capital para poder gravar e promover os grupos”.
Xeitos de empregar a rede
Para os grupos que aÃnda comezan, a rede é un mundo de posibilidades para encarreirar as súas aspiracións. Por unha banda, como sinala Xoel López, Internet está a facer máis doado acceder a programas profesionais de música “e iso permite que a calidade das maquetas e dos discos que contan con pouca pasta teñan moito mellor calidade”. Ademais disto, a rede permitiu a algúns grupos chegar ás discográficas. É o caso dos valdeorreses “Garijo Mambrú”. Logo de colocar algúns temas da súa última maqueta en Internet, recibiron unha chamada do productor Paco Trinidad, o que lles permitiu gravar o seu primeiro disco “Physis”. Nunha entrevista ó portal GPSmusic.com, Jorge, o guitarra do grupo, sinala que “hoxe en dÃa podes facer un disco de calidade na propia casa e amosarllo ó dÃa seguinte a todo o mundo”.
Detrás dos cascos
No que todos estes artistas concordan é que o mercado discográfico tradicional está en crise e que o futuro da industria pasa necesariamente pola rede. Para Rodrigo RomanÃ, estas mudanzas percÃbense fundamentalmente na distribución e na promoción dos discos. Rodrigo cre que as tendas de discos persistirán, pero que a xente irá a elas a mercar o que xa escoita na rede, para el “Internet substituirá á televisión como medio de información e distribución discográfica”. Sen embargo Anxo Pintos non cre que na actualidade exista unha alternativa real á distribución tradicional. Desde unha discográfica como Zouma Récords recoñecen que o futuro da discográficas está na rede, e xa comezaron o seu traballo neste eido permitindo descargar desde a súa web dous temas completos de cada álbum que lanzan ó mercado. Para eles, o problema do pirateo “afecta tanto ás compañÃas grandes coma ás pequenas”, e a súa extensión “crea unha cultura do pirateo” que leva a que non se compren discos. A compañÃa xa está a traballar nun sistema que lles permita que os seus discos completos se descarguen, previo pago, da web, e están a analizar sistemas que eviten copias piratas posteriores.
MP3 na rede galega
Actualmente hai xa unhas cantas páxinas galegas que ofrecen descarga de cancións de grupos do paÃs en MP3 ou noutros formatos de audio. Ademais do noso soportal RCG, o portal Ghastas Pista?, ofrece fragmentos de ata trinta segundos de duración de temas de música folk e tradicional. Existen sen embargo outras webs que permiten acceder a temas completos de grupos. É o caso de Ravachol.org, a web da Asociación de Músicos en Lingua Galega (Amelga), Altofalante.net, que pretende ser unha plataforma promoción de grupos que empezan, ou Babum, que acolle a un bo feixe de grupos. Tamén o portal Bravú.net aporta unha miscelánea de temas que van desde ó folk á música electrónica. Ademais destas páxinas, son abondosos os grupos que nas súas propias webs permiten descargar algunha canción a xeito de promoción. Rodrigo Romanà teno claro: “A crise discográfica en Galicia ten máis que ver coa ofensiva mediática das discográficas grandes que coa piraterÃa. O "peer to peer" non é piraterÃa, é outra forma de promoción da música”. O debate segue aberto.