Marcos Abalde gaña o Álvaro Cunqueiro cun texto poético situado nun contexto bélico

Paula Carballeira faise co Manuel María mentres o Barriga Verde quedou deserto

Os premiados en 2001, Paula Carballeira e Marcos Abalde. Fonte: Agadic
Os premiados en 2001, Paula Carballeira e Marcos Abalde. Fonte: Agadic
“Un texto moi pouco complacente, situado nun contexto de guerra onde se desenvolve unha cerimonia eucarística” así explicou Marcos Abalde (Vigo, 1982) o ambiente no que se sitúa o seu texto, A cegueira, elixido por maioría como o gañador do XX Premio Álvaro Cunqueiro. O premio está dotado de 6.000 euros máis a “posibilidade” (se existe orzamento) de publicar o texto dentro da colección Biblioteca Dramática Galega que a Agadic, convocante do premio, coedita con Edicións Xerais de Galicia. O texto será publicado en catro meses, tal e como comentaron fontes de Agadic. Paula Carballeira gañou o Manuel María de literatura dramática infantil, mentes o xurado declarou desertas “por unanimidade” as dúas modalidades do premio Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques.

O premio de teatro Manuel María de literatura dramática infantil recaeu “por maioría” na autora Paula Carballeira sobre un texto que, en palabras da gañadora, “fala do que se prescinde e se tira, como pode ser a cultura ou o teatro nestes tempos.. que se reconstrúe a través da capacidade que teñen os nenos de imaxinar”. Para a autora, os 6.000 euros de premio “serviranlle á miña compañía, Berrobambán, poder facer os nosos textos e asumir outros proxectos máis arriscados, polo que estou moi contenta”.

Pola contra, Anxo Abuín, profesor da Universidade de Santiago e presidente do xurado, asegurou que “por unanimidade” decidiron declarar desertos os textos presentados ao Premio Barriga Verde de Monicreques nas súas modalidades. “o xurado tomou esta decisión porque as obras non tiñan calidade literaria e a viabilidade escénica.

Premio Alvaro Cunqueiro: Marcos Abalde por A cegueira
Abalde describe o contexto bélico no que se insire esta historia e que define como “nada complacente”.








Premio Manuel María Paula Carballeira por O refugallo
Paula Carballeira asegura que o texto fala de “catro personaxes que viven nun contorno coas cousas que a xente non quere e, a partir de aí, reconstrúen o seu propio mundo”