Mestre da trasgresión e da melancolía así define Darío Villanueva a Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911-Vigo, 1981) no texto que publica hoxe El Cultural, a revista cultural que se distribúe de xeito gratuíto con El Mundo. A publicación recolle ademais, a pegada de seis escritores (Luisa Castro, Víctor Freixanes, Xosé Luís Méndez Ferrión, Claudio Rodríguez Fez, Lola Beccaria, e Marta Rivera de la Cruz) que achegan unha mirada personal sobre a súa obra. A revista recupera deste xeito o legado deste novelista, poeta, dramaturgo, gastrónomo e xornalista cando se cumpren cen anos do seu nacemento.