A Orquestra Gaos convértese en residente do Conservatorio de Culleredo

Un convenio permítelle á formación dispor dun local de ensaios fixo

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Naceu en abril de 2009 formada por alumnos e profesores de conservatorios profesionais de toda Galicia. Desde entón desenvolveu unha fonda campaña de actividades por diferentes lugares. Agora, a Orquestra convértese en entidade residente do Conservatorio de Culleredo. Un convenio asinado polo presidente da formación, Marcos Seoane, e o alcalde da localidade, Julio Sacristán, permítelle aos primeiros ensaiar nas instalacións do conservatorio profesional e, aos segundos, participar de oíntes e figurar nos programas de man da orquestra.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culleredo

Claves

Lugares