O vindeiro 17 de decembro Mondoñedo mobilizarase para lembrar a Álvaro Cunqueiro. A Deputación de Lugo acollía esta mañá a presentación do programa A noite de Merlín, un proxecto no que destaca a realización dunha macrorrepresentación teatral que contará con máis de 200 participantes. A iniciativa, coordinada pola Asociación Abrindo Camiño, recreará unha comitiva do pobo das Terras de Miranda, o seu recebemento polo gobernador, a chegada á casa de Merlín e as historias de Merlín e familia. O programa complétcase cunha sesión de pirotecnia, unha queimada multitudinaria e mais unha mesa redonda sobre o traballo de Cunqueiro.
A noite de Merlín era unha actividade que xa se desenvolvera no Concello de Mondoñedo ao longo dos anos noventa, e que se recuperou de xeito especial a coincidir co centenario de Cunqueiro, neste 2011. Precismente no transcurso do programa proxectarase un audiovisual sobre as anteriores edicións do evento.
Programa de A noite de Merlín 2011.A noite de Merlín era unha actividade que xa se desenvolvera no Concello de Mondoñedo ao longo dos anos noventa, e que se recuperou de xeito especial a coincidir co centenario de Cunqueiro, neste 2011. Precismente no transcurso do programa proxectarase un audiovisual sobre as anteriores edicións do evento.