Un arquitecto trunfador e un drogadicto coñécense nunha sesión de diálese. Esta é a sinopse de Limpeza de Sangue, a obra de teatro coa que Rubén Ruibal gañou o Premio Nacional de Literatura Dramática e o ÁlvaroCunqueiro en 2005, e que Filmanova levará as pantallas. O proxecto contará con Jorge Coira como director e con guión de Jacobo Paz, que xa están a traballar no desenvolvemento do proxecto para o que conta cunha axuda de Agadic.