Un vídeo que reflexiona sobre o navegante Henry Hudson gaña o premio Novos Artistas

O público decidirá o seu premio entre as 40 obras que se presentan na mostra

O Auditorio de Galicia acaba de inaugurar unha das súas mostras máis esperadas do ano, a que escolma entre os mellores novos artistas do momento. Corenta creadores que exhiben o estado de saúde da arte actual en todos os xéneros e disciplinas e que premia os mellores. De feito, na inauguración, entregouse o galardón desta edición (6.500 euros) do Premio de Novos Artistas que recaeu en Federico Vladimir Strate Perdizc co vídeo "Henry Hudson e o seu fillo". A mostra está aberta ao público ata o 4 de marzo de 2012.

Cando o premio principal, as bases establecen que tamén se conceden 4 accesits dotados con 1.500 euros. Nesta ocasión recaeron en Horacio González Diéguez coa instalación "Sen título"; Christian García Bello polo seu traballo "Todo ardió luminoso, pero no es suficiente"; Josetxu F. Cárcamo coa obra "El mentiroso de mi vecino"; e Jacobo Bugarín pola instalación "Sen título". Completa o palmarés o premio do público, dotado con 1.200 euros, que será a para a obra que reciba un maior número votacións entre os visitantes da mostra.

O xurado
Segundo una nota de prensa remitida polo Auditorio de Galicia, “o xurado desta edición estivo formado por D. David Chao (crítico e profesor de Historia da Arte da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago), Dna. Silvia García (profesora e vicedecana da Facultade de Belas Artes de Pontevedra), D. Miguel von Hafe (director do Centro Galego de Arte Contemporánea), Dna. Agar Ledo (Responsable de exposicións do Museo de Arte Contemporánea de Vigo), D. José Víctor Carou Fernández (Director-xerente do Auditorio de Galicia) por delegación do Presidente do Consello Reitor do Auditorio de Galicia como Presidente e Dna. Silvia Modia Ferreiro como secretaria deste xurado. Desculpou a súa ausencia D. Isaac Díaz Pardo”.