Xa está a venda, da man da editora francesa Les Foundiers de Briques, Un oeil de verre, versión en francés da obra Un ollo de vidro de Castelao. Vincent Ozanam é o responsable da tradución que viu a luz o pasado mes de outubro e está á venda por doce euros. Antes desta obra unicamente viran a luz en francés As cruces de pedra na Bretaña, o conto Chamábanlle a Marquesiña e edicións das Estampas de guerra, segundo os datos do Catálogo de obras literarias en lingua galega traducidas para outros idiomas do Consello da Cultura.