Cerditos de Guinea lanza a serie Ron

Gochi recupera en formato o personaxe da súa época de fanzines e editará en galego Sam e Twitch

Capa de <i>Ron</i> número 1
Capa de Ron número 1
A recuperar un dos personaxes que desenvolveu na súa etapa como editor de fancines, David Prieto Gochi lanza desde o selo Cerditos de Guinea Cómics a serie Ron. O proxecto contará novas aventuras humorísticas desde bárbaro e do seu fiel compañeiro Buxo en números seriados de formato comic-book, de vinte páxinas a branco e negro a tres euros cada entrega, que sairá sen periodicidade definida.

O autor sinala que o lanzamento vai dedicado en exclusiva a lectores adultos, e no primeiro número conta coa colaboración do ilustrador Pintu para a contracapa e mais dunha impresión especial en letras prateadas do título. Os 400 exemplares da obra están xa impresos e agárdase que en quince días estean distribuídos nas librarías habituais coas que traballa esta editora e que se poden consultar no seu web.

A firma prepara ademais, para comezos do vindeiro ano, o primeiro volume da coñecida serie Sam e Twitch, cos personaxes creados por Todd Mc Farlane. Os primeiros catro números americanos do traballo de Angel Medina con guión de Brian Michael Bendis sairán á venda de cara ao vindeiro mes de febreiro nun volume de arredor de 96 páxinas a cor no formato habitual da editora. Para a primavera prevese o lanzamento dun segundo tomo que completa o arco argumental Udaku desta serie.