A sede da Fundación Paideia na Coruña acolle mañá ás 20 horas a ceremonia de entrega do V Premio de Narrativa Breve Repsol. Fernando DÃaz-Castroverde impúxose nesta edición con Microbios e outros paquidermos, obra que xa tirou do prelo a editorial Galaxia e está dispoñible para o público. O traballo gañador é unha colección du cento de microrrelatos nos que destaca o humor e a ironÃa. O gañador levou, canda á publicación, 9.000 euros en metálico.