Do 29 ao 27 de novembro, 51 concursantes procedentes de 18 países estiveron no Teatro Jofre de Ferrol tocando o piano. Foi así como foron superando as diferentes probas dun dos dos certames máis antigos e emblemáticos de cantos se celebran en Galicia: o Concurso de Piano Cidade de Ferrol. Este ano, o gañador foi o pianista ruso Nikolai Saratovskii , que recibiriá 6.000 euros, diploma e realizará unha xira de sete concertos, por convencer ao xurado coa súa interpetación do Concierto nº3,op. 26 en Do mayor de Prokofiev. En total, repartirá 25.000 euros en premios nun certame que cumpre as súas vodas de prata.