O sector editorial galego ten unha axenda apretada nos vindeiros dÃas. Mañá mesmo comeza a actividade do posto que a Asociación Galega de Editores e mais a ConsellarÃa de Cultura levan á Feira do Libro de Guadalaxara (México), e que aglutina 21 empresas deste sector. O evento desenvolverase ata o vindeiro catro de decembro e no mesmo prográmanse diferentes actividades de promoción coa presenza dos escritores Rosa Aneiros e Marcos S. Calveiro, e representantes da Asociación de Editores debaterán cos seus homólogos de latinoamérica cuestións coma o intercambio de Dereitos de Autor. No encontro, que se prolonga ata o vindeiro 4 de de decembro, AgustÃn Fernández Paz recibirá o Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil.
A coincidir con este evento, entre os dÃas 2 e 4 de decembro celébrase en Pontevedra o Culturgal, Feira das Industrias Culturais Galegas, e o mesmo domingo 4 comeza a Feira do Libro e do Disco de Durango, en Euskadi. Neste evento Galicia participa cunha representación multisectorial como paÃs convidado, tal e como adiantarmos na nosa reportaxe sobre o Culturgal. Antón Reixa, A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, ImaxÃn Software ou Sinsalaudio entre outros representantes do noso paÃs.