A longamente agardada Lei de Bibliotecas de Galicia está finalmente chegando ao final do seu proceso de xestación. O Consello da Xunta aprobaba esta mañá un texto no que, segundo o propio Goberno, quérese modernizar o sector e se aposta polo traballo en rede entre unhas bibliotecas centrais ben dotadas e centros de proximidade que acheguen os produtos culturais aos cidadáns. Entre as novidades o texto contempla a realización do Mapa de Bibliotecas, a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e a función da Biblioteca de Galicia como institución central do patrimonio bibliográfico do paÃs, asà como a transferencia da xestión das bibliotecas estatais á Comunidade Autónoma.
A visión destes centros como lugares de encontro con funcións de formación e aprendizaxe son tamén elementos transversais no texto da lei, segundo sinala a nota da Xunta. Entre outras apostas, prevese incidir na presenza das novas tecnoloxÃas nas bibliotecas, potenciar as bibliotecas municipais ou o desafÃo das bibliotecas dixitais. Segundo sinala o texto, "o modelo de biblioteca para implantar rompe co concepto tradicional de biblioteca pública que a identificaba como un espazo exclusivo para estudantes ou como un almacén de libros".