Hai un fÃo común que une os 22 cineclubes que existen a dÃa de hoxe en Galicia, e é unha paixón desmedida polo cinema. É tamén a única explicación que permite xustificar por qué existen estas asociacións que ofrecen unha loita constante (contra as distribuidoras, as exhibidoras e as diferentes administracións) por ofrecer un cinema diferente, moi afastado do que se amosa nos circuÃtos comerciais e que fala de persoas, sentimentos e ofrece temáticas moi distintas ao cinema hollywoodiense. Estas pequenas illas no deserto aférranse a unha promesa: a da Agadic, que lles aboará en xaneiro os 30.000 euros que precisan para sobrevivir.
“Facémolo por amor ao cine” asegura Manuel Precedor, presidente da Federación de Cineclubes de Galicia e, ao mesmo tempo, programador e un dos mantedores do Cineclube Padre Feijoo (Ourense). Ese voluntarismo queda de manifesto ao explicar que só existe unha persoa que se dedica profesionalmente a isto “é a secretaria da Federacion de Cineclubes, ten un contrato a media xornada e pasa o tempo negociando coas distribuidoras para conseguir os prezos máis baixos para as proxeccións dos cineclubes”. As 22 entidades que conforman esta realidade responden a realidades ben diferentes, tanto na súa composición como na súa programación. “Non é o mesmo programar nunha cidade como é Ourense, que conta con varias pantallas de cinema, que nunha localidade como Chantada na que non existe ningunha” asegura Precedo, que cre que o valor destas entidades é indiscutible.
Un traballo culturalmente destacado
No último bienio, os cineclubes que conforman a Federación exhibiron 559 producións audiovisuais, das que 181 estaban en galego. “É certo que da produción galega exhibimos principalmente curtametraxes, grazas a programas antigos e a propia colaboración dos seus autores” explica Precedo. Este nivel de produción, con ritmos bastante desiguais entre as 22 entidades federadas, chegaron entre 2010 e 2011 a 58.000 peroas. “E iso que neste tipo de actividades non contamos o público das prazas no verán, porque é moi difÃcil realizar un cómputo real” asegura o presidente da Federación de Cineclubes. Por nacionalidades, a maior parte dos filmes que exhiben chegan de Francia (171 tÃtulos), de España (35 tÃtulos) pero “existen outras realidadse como Cazaquistán, ArxentinaÂ… O que nos permite dar conta da diversidade cinematográfica” puntualiza Precedo.
Pero a súa principal vantaxe non radica nos números, tanto de público como de tÃtulos, senón no tipo de proxeccións que se exhiben e no traballo que fan. “Hai tÃtulos que, se non fora desta maneira, non se poderÃan ver” explica Precedo, que cita exemplos de producións galegas exitosas como poden ser Os Crebinsky, 18 comidas ou Pradolongo. Hai tamén outras lecturas, como o feito de ser a única vÃa de achegamento que teñen poboacións concretas ao cinema. De todas as sociedades con programación activa, destaca o caso de Chantada, onde Anxo Moure nos explica que “somos tal vez o cineclube máis cativo pero mantemos actividade ininterrumpida desde fai 21 anos, con propostas como a Semana de Cinema, Festival da Curtametraxe "Semana Curta", a Cinemateca con Rodas, o Taller de cinema para nenos.....”. Chantada chegou a ter actividades cunha media de 250 espectadores por sesión (por poñer un exemplo, unha das memorias de actividades do Centro Galego de Artes da Imaxe, con sede na Coruña, publicadas no seu sitio web cifra a media de espectadores en 50) e público que asiste as proxeccións mesmo cando chove. A realidade das infraestruturas de Chantada, que está a construÃr un auditorio municipal, é que non existe ningún recinto cuberto para que o cineclube poida realizar as súas actividades, concentradas no verán. "Houbo proxeccións ás que asistiu a xente cos paraugas e quedou alà con todo o que chovÃa" asegura Anxo Moure.
Con todo, malia o carácter marcadamente cultural e non de negocio que teñen este tipo de entidades, non existe un apoio claro e estabilizado por parte da Administración. “Ata o ano 2010 existÃa un convenio por importe de 30.000 euros que se renovaba anualmente e co que se podÃan sufragarse os gastos correntes da oficina e as axudas que ofrece a Federación aos cineclubes para poder programar” explicaba Lola na rolda de prensa que a Federación convocou para explicar que a Xunta non renovara ese convenio e que a entidade mantivo numerosas xuntanzas co Consorcio Audiovisual e coa ConsellarÃa de Cultura sen ningún resultado positivo. Sen embargo, a Federación confÃa en que Juan Carlos Fernández Fasero, director de Agadic, cumpra coa súa promesa de aboar o importe relativo de 2010 e o de 2011 nun pagamento que a entidade lle fará en xaneiro. Con todo, a situación non queda estabilizada e obriga a entidade a futuras negociacións. Moi lonxe está a situación do que acontece noutros territorios. En Cataluña, por exemplo, a lei do audiovisual recoñece os cineclubes como entidades singulares a protexer e para as que hai un fondo especÃfico que contribúe ao financiamento das súas actividades. En Francia, paÃs no que naceron este tipo de colectivos, recoñécese titularidade pública. “En Galicia temos un de luxo, o CGAI, que está na Coruña e que fai unha programación que nós pedimos que se espalle ao resto do territorio e, polo que nos explica, non se pdoe facer porque é moi caro” aclara o presidente da Federación.
Reivindicando o seu valor
O cineclube non só ten como finalidade servir de vÃa de visionado dos filmes senón que as súas actividades van un pouco máis alá buscando un maior enriquecemento desa proxección. Folletos de sala, coloquios, presentación a cargos dos directoresÂ… existe unha gran variedade de actuación en función da entidade. “Non todos traballamos da mesma maneira” explica Manuel Precedo aludindo ao xa comentado, a diferencia que supón programar nunha vila ou nunha cidade. Con todas as diferenzas, as distintas liñas de traballo, existe unha tendencia común, que é a de programar en galego. “Nós procuramos exhibir cinema galego e en galego, pero non sempre se pode” explica o presidente da Federación. Con todo, dentro dos membros hai que ten unha implicación máis forte nese sentido. É o caso do Cineclube Compostela, tal e como explica Pablo Cayuela, que “fai o subtitulado de todas as proxeccións que se programan”. Iso pode chegar a implicar 15 dÃas de traballo que, ademais, poñen a disposición dos usuarios do seu sitio web para que os descarguen. “Traducimos do inglés, do francés ou do español” explica Pablo. O compromiso co idioma vai unido a outro compromiso máis: o de proxectar os filmes nas mellores condicións posibles. “Nós buscamos o maior respecto coa copia orixinal en canto a formato (4:3 ou 16:9)”, asegura Pablo Cayuela ao tempo que recoñece que ás veces as cuestións económicas lastran as condicións das proxeccións.
Alain Resnais, Kari Väänen, Shirin Neshat, Brecht, JelinekÂ… e tantos outros nomes de directores que doutro xeito non chegarÃan ao público. Son algúns dos nomes que se poden ver nas carteleiras destas pequenas illas. Na vindeira reportaxe completarase o panorama galego do cineclubismo explicando a experiencia dalgunhas destas entidades.