O Ateneo de Ferrol celebra os seus vintecinco anos con música, cine e arte

Un cuarto de século de cultura

Era o 26 de marzo de 1976 cando se puña en marcha a última e actual etapa do Ateneo Ferrolán. Para celebralo, unha chea dea actividades culturais: un ciclo de cine, unha exposición dos seus fondos, dous concertos e unha cea para socios son os actos previstos para lembrar as persoas que traballaron na entidade durante este tempo e reivindicar a súa importancia no desenvolvemento cultural de Ferrol no último cuarto de século.

Exposición e concertos




Xa a semana pasada arrincaba a exposición dos fondos pictóricos dos qeu dispón esta institución histórica da Cidade Departamental. Para este sábado está previsto o concerto da Orquestra Municipal de Betanzos na concatedral de San Xiao, interpretando a obra "El tren de la alegría" que compuxo Rogelio Groba con ocasión da apertura do primeiro tramo de ferrocarril entre Ferrol e A Coruña hai un século. Outro concerto, a cargo das cantantes ferroláns María Manuela, Paloma Suanzes, claudia Campos e Julie Guravich está programado para vindeiro cinco de abril ás oito e media. Neste acto presentarase tamén o disco que se gravou para o ateneo dentro do "Fiadeiro Musical" que organizou a entidade.












Cine



Lembrando a importancia da programación cinematográfica que veu desenvolvendo o Ateneo desde a súa creación, prevese a realización dun ciclo de proxeccións. no que, desde mediados de abril ata comezos de xullo se amosen as películas máis emblemáticas que se proxectaron durante os anos setenta, moitas das cales non chegaron ás salas comerciais.