Cineuropa en trailers: mércores 16

O sector audiovisual galego protagoniza o día no festival

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Cineuropa en trailers: mércores 16

Despois da gala-concerto de Jorge Drexler, Cineuropa explora novos territorios. O audiovisual galego protagoniza unha xornada coa presenza de varios títulos de Xurxo Chirro, Borja Mucientes e Antonio Caeiro. Ademais, o Salón Teatro acollerá un coloquio logo da proxección de "Mercado de futuros", producida por Xosé Zapata. O CGAC, o Salón Teatro, a fundación da Novacaixagalicia-CSM e o Teatro Principal teñen programadas proxeccións nun dos días máis completos do certame.

Na programación de actividades paralelas que Cineuropa organiza nesta vixésimo quinta edición, esta tarde ás 20.30 horas, o Teatro Principal acollerá un coloquio sobre o último traballo da directora, Mercedes Álvarez, “Mercado de futuros”. A cita será co produtor do filme, Xosé Zapata, xa que a realizadora se atopa no Festival de cine de Florencia, onde compite a súa película.

MÉRCORES 16
TEATRO PRINCIPAL
18:15 LAS RAZONES DEL CORAZÓN
Arturo Ripstein

20:30 MERCADO DE FUTUROS
Mercedes Álvarez

23:00 MEEK’S CUTOFF
Kelly Reichardt

SALÓN TEATRO
20:00 LES NEIGES DU KILIMANDJARO (THE SNOWS OF KILIMANJARO) (AS NEVES DO KILIMANJARO)
Robert Guédiguian
21:45 MISTERIOS DE LISBOA
Raoul Ruiz

SEDE FUNDACIÓN NOVACAIXAGALICIA-CSM
18:00 CASCALLOS
Tomás Lijó e Carlos Meixide
O MEU NOME, O MEU MUNDO
Tomás Lijó e Carlos Meixide

19:15 T_R
Borja Mucientes
TUNEL
Borja Mucientes
BOSQUE
Borja Mucientes

21:00 NACHMITTAG (TARDE)
Angela Schanelec
22:45 ELVIS ON TOUR
Pierre Adidge e Robert Abel

CGAC
19:00 ESTA NOITE, VELADA
Antón Caeiro

ARDE MADRID
Antón Caeiro

21:15 SESIÓN “A GUARDA NA MEMORIA”: EMILIO
Xurxo Chirro
SESIÓN “A GUARDA NA MEMORIA”: BRASILINO
Xurxo Chirro
SESIÓN “A GUARDA NA MEMORIA”: 36/75
Xurxo Chirro

22:45 PINGPONG
Matthias Luthardt

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Cine, Cineuropa, Salón Teatro...