Se Galicia está no mapa do Parlamento Europeo en Bruxelas é, principalmente, por dous acontecementos ben diferentes. Dunha volta polo embarrancamento do Prestige e, da outra, pola creación da Axencia Europea de Pesca en Vigo. Dous feitos que implican ao Parlamento Europeo (PE) directamente coa realidade galega e que pretenden dar conta de que, aÃnda que o foco desta actividade se desenvolve no triángulo establecido entre Bruxelas, Luxemburgo e Estrasburgo, as súas decisións tamén nos afectan. Todos eles están presentes de xeito máis gráfico no novo centro de visitantes de PE, o Parlamentarium que acaba de abrir ao público.
Hai centros que, por lonxe que estean, teñen unha pequena parte da nosa realidade. Iso é o que lle acontece ao Parlamentarium, un centro de visitantes que inaugurou no mes de outubro o Parlamento Europeo en Bruxelas e que, entre os seus contidos tamén hai unha pegada galega. Comezou a xestarse no ano 2005, e fixeron falla seis anos para converter en realidade un espazo que documenta de forma gráfica e interactiva o proceso de construción da identidade europea en xeral. “Foi o proxecto máis difÃcil dos que fixen, porque cando cheguei isto era unha especie de garaxe” asegurou na visita para prensa Bruckrer, arquitecto gañador dun concurso creado para a construción do centro. Non era a primeira vez que o arquitecto se enfrontaba a un reto destas caracterÃsticas, de crear un contido cultural, xa que tiña deseñado o museo marÃtimo de Amsterdam.
Seis anos despois (cun contexto económico e polÃtico que hoxe non o farÃan posible) e vinte millóns de euros transformaron un dos espazos anexos da sede da institución en Bruxelas. O centro abruma pola súa humanización, polo seu atractivo deseño e polo despegamento tecnolóxico (coa máxima “prohibido non tocar” en todo o edificio) que inclúe ata un dispositivo táctil en 23 idiomas e que funciona como unha chave para descodificar os contidos desta especie de museo institucional. VÃdeos breves, de dous minutos como máximo para contar a historia do Parlamento Europeo e a evolución do espÃrito comunitario dun xeito moi visual e sinestésico.
Un centro mo interactivo
Destacan sobre todo dúas actividades envolventes, para integrarse na dinámica de funcionamento da máis democrática de todas as institucións comunitarias. Dunha banda, trátase dunha futurista reprodución dunha sala de plenos en 360 grados que, desde unha perspectiva envolvente e gráfica, achega a actualidade parlamentaria. Da outra, un xogo de rol, pensado para escolares de entre 14 e 16 anos, que foi testada, segundo fontes do equipo, encargado do deseño da actividades, que haberá que ver como calla entre o público adolescente. “O obxectivo é que saiban como se chega a un proceso de toma de decisión, como teñen que facer es eurodeputados” explicou unha voceira da empresa encargada de desenvolver os contidos. Máis alá da espectacularidade das aplicacións multimedia, deseñados pola empresa, os contidos teñen dúas particularidades se ser minipÃlulas de vÃdeo que están nas 23 linguas oficiais dos 27 estados membros. “Foi todo un reto para o deseño dos contidos” explicaba o director da empresa. “É o primeiro centro de visitantes multilingüe” puntualizaba na presentación do Parlamentarium a xornalistas especializados en cultura. Posiblemente, tamén sexa o único do mundo tendo en conta a realidade cultura sobre a que traballa. Uns 700 dispositivos (que emula un teléfono móvil), pretende avanzar, ao ritmo de cada visitante, a orde e caracterÃsticas que lle apeteza na historia da institución que toma decisión desde Bruxelas pero que tamén nos afectan. De feito, outras das actividades máis interactivas e visuais deste espazo achégase ata Galicia. Un gran mapa de Europa situado no chan serve para que o visitante se desprace cun monitor ata os puntos informativos que lle interese e no que recibirá información. En total noventa puntos para explicar como afecta a actividade parlamentaria a eses territorios e deses dous son galegos. Por poñer un exemplo cocreto, un deses vÃdeos do Parlamentarium relativos ao noso paÃs, explica como a raÃz do accidente do Prestige, o Parlamento Europeo aprobou unha nova lexislación que prohÃbe que as embarcacións de máis de dez anos circulen con este tipo de cargas perigosas polos mares.
De contacto co cidadán
Se unha das máximas do Parlamento Europeo é trasladar a información da actividade e das decisión parlamentarias ao cidadán, para superar a lonxanÃa destes feitos, o Parlamentarium sitúase tamén nesta onda. Por iso, o centro conta cun panel especialmente significativo, unha especie de directorio dos Parlamentarios cos seus datos de contacto e a posibilidade de que o visitante lle envÃe un correo electrónico con consultas concretas. Carmen Fraga (PP), AntolÃn Sánchez Presedo (PSOE), Francisco Millán Mon (PP) e proximamente Ana Miranda (BNG, grazas a un escano compartido) son algúns dos eurodeputados galegos que fan parte da vida do Parlamento Europeo cos que un visitante se pode comunicar durante a visita deste centro único no mundo.