Os emigrantes poderán solicitar axudas para restauraren as súas casas na aldea se pasan nelas un mes cada ano

Vacacións na aldea

| Santiago.Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A Consellería de Política Territorial vén de poñer en marcha un plan de axudas para restaurar vivendas de máis corenta anos en núcleos rurais. As axudas están condicionadas a que as casas se empreguen coma domicilio habitual, aínda que tamén poderán optar a elas emigrantes que cumpran o único requisito de estar na casa cando menos un mes cada ano. Esta liña de axudas, que pretende fixar poboación no medio rural, cobre ata o 30% dos gastos de rehabilitación, ata un total de 7.250 euros.

Máis información na web do Instituto Galego da Vivenda e Solo e na edición impresa de “La Región”.

Que che parece esta nova?
20 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Medio Rural, La Región

Claves