Galaxia acaba de tirar á luz o número 191 da revista Grial. O volume centra no 40 aniversario do Instituto da Lingua Galega boa parte dos contidos, cunha entrevista a Rosario Álvarez, actual directora do centro e diferentes artigos de trasfondo sobre este organismo. Na sección O espello das letras atopamos unha reflexión sobre a emerxencia da literatura galega en inglés. Artigos como o que realiza Ramón Villares sobre Serafín Moralejo ou o de Ana Lía Rey e Fernando Diego Rodríguez sobre a publicación Alfar son outros textos presentes na entrega.