Elos de Paula Gómez del Valle e O pouso do tempo de Iain Colquhoun son os tÃtulos cos que Edicións Morgante abre a súa colección de libros fotográficos. Elos é o resultado o proxecto homónimo no que a artista combina as súas imaxes con textos literarios de diferentes autores. Pola súa banda, o traballo de Iain Colquhoun percorre elementos tradicionais da xeografÃa do noso paÃs. Ao tempo, Xerais acaba de lanzar o que anuncia como a primeira campaña viral de promoción dun libro galego. Ata o 2 de xaneiro, a editora agasallará 250 exemplares do libro Trailer de Fran Alonso, a aqueles lectores que lles reenvien un mail que xa está a circular pola rede e llelo soliciten, e que ao tempo lles reboten o correo aos seus contactos. O correo pretende promocionar Ninguén a última obra deste autor, e inclúe un dos relatos da mesma en PDF. No caso de Galaxia, a convocatoria é dun concurso de microrrelatos no que se anima aos participantes a escribir textos de once palabras arredor do libro e DVD O pulso da terra de Berrogüetto. Os gañadores daranse a coñecer o dÃa 11 de novembro, a coincidir coa presentación da obra.