Un festival é un ente orgánico que medra, cambia e mesmo algún desaparece bromeou Jose Luis Losa na presentación da edición número vinte e cinco de Cineuropa. Sen embargo, o festival de Santiago segue fiel á fórmula que o veu nacer hai un cuarto de século. Cinema independente, de calidade, fóra dos circuítos comerciais e, por suposto, cintas premiadas noutros encontros de referencia. Nesta edición, o encontro cumpre vinte e cinco anos co anuncio de cambios no modelo de xestión e nos formatos.
En plena revolución dixital, moitos dos títulos que chegan a esta edición de Cineuropa fano en formato DVD e outros en 35 milímetros. Un festival ha de programar en condicións de calidade e no formato orixinal no que foron feitos as producións aseguraba Jose Luis Losa na presentación da vixésimoquinta edición do certame. Non só pola calidade dos títulos senón porque moitas das producións que se están a facer agora mesmo no cinema (tanto comercial como independente) están noutros formatos que precisan de aparellos especiais para a súa exhibición. Se hai dous anos foron tres os títulos que temos que deixar de programar polo seu formato, o ano pasado xa foron dez, este ano un trinta e pico e posiblemente para o vindeiro ou para dentro de dous xa non se podería facer Cineuropa. E esta é a realidade do panorama da exhibición, que este ano se puido solventar grazas ao feito de que moitas distribuidoras nos facilitaron outros formatos diferente do orixinal para poder exhibilo asegura Losa. Ao seu lado estaba Ángel Currás, concelleiro de Cultura, que anunciou que o Teatro Principal, con Victor Carou á cabeza, está a desenvolver un proceso de reforma integral para dotalo dun equipo de son que non tiña e de proxectores de cinema. Será unha das grandes novidades para a vindeira edición do certame.
Dirección artística, que non xestión
A outra gran reforma pendente pasa polo modelo de xestión. Malia que o concelleiro, Ángel Currás, enumerou as vantaxes de crear unha Fundación que se encargase da xestión e do financiamento desta mostra, anunciou que no futuro inmediato non se optará por este modelo. A fórmula actual pasaba pola convocatoria dun concurso para adxudicar a organización de Cineuropa. A este procedemento concorrían empresas que se encargaban desde a selección artística da mostra ata a xestión de papelería, comunicación e traslados de filmes, convidados e todos os pormenores que ten un certame destas características. Un director debe dedicarse á selección artística e non a cuestión de xestión para o que está o concello e a súa estrutura apuntou Ángel Currás ao anunciar que o vindeiro ano se convocará un concurso para a dirección artística do festival. Este ano, Cineuropa conta cun orzamento de 240.000 euros achegado principalmente polo concello de Santiago e polo Consorcio de Santiago.
En todo caso iso non afectará ao perfil de modelo de festival. O que funcionou tan ben durante 25 anos, creo que sería un contrasentido modificalo asegura Jose Luis Losa. Neste tempo, o encontro asentouse no mes de novembro e, como o seu propio director recoñece, ten unha imaxe ou un copyright non marcado por bandazos nin por outras situación que lastran unha marca, creo que é un bo cimento para aspirar a máis. E ese desexo cara o que tirar implica optar por darlle unha estrutura festivalera. Con todo, a as proxeccións cinematográficas nas que o público é o auténtico xurado coa súas votacións son o núcleo duro ao redor da que se podía artellar unha semana máis na liña doutros festivais asegura Losa. Entre a inflación de festivais en Andalucía e que en Galicia non hai nin un só, creo que podería ser Cineuropa e creo que se dan as circunstancias para que iso aconteza. De momento, toca celebrar estes vinte e cinco anos de traballo con cine, sesión de debate, concertos e un obradoiro.
Esta edición
A programación deste ano non deixa pasar a oportunidade de reflexionar sobre o papel dos festivais cando se cumpre un cuarto de século do encontro. De feito, Jaime Pena membro da edición española da Cahiers du Cinema e programador do CGAI, Martin Pawley, director da Mostra de Ciencia e Cinema, Jose Manuel Sande, tamén programador do CGAI e a xornalista especializada da TVG Marta Gómez ofrecerán unha reflexión sobre este tema no marco das actividades paralelas do encontro (luns 14, 17:45 horas). Non será a única oportunidade para reflexionar sobre a traxectoria deste certame, xa que na programación deste ano hai un ciclo que servirá para recuperar en formato cine unha serie de cintas que escribiron a súa historia. É así como se pode ver A vida dos outros de Florian Henckel ou Grazas polo Chocolate de Claude Chabrol ou Naked de Mike Leigh, que era un auténtico descoñecido cando chegou ao festival.
Na programación tamén hai un oco para o máis novidoso e arriscado do audiovisual galego. Tendo en conta que me paso todo o ano confeccionando a programación oficial e non estou ao tanto do que se está a facer aquí e que Martin Pawley é un auténtico coñecedor, decidín que era máis lóxico que el se encargase de facer a escolma que, por outro lado, é moi valente e decidida asegura Losa. Alén das proxeccións de Xurxo Chirro (a súa última cinta, Vikiland está na sección Docs Cineuropa e non no Panorama Audiovisual Galego), Xacio Baño, Borja Mucientes ou Sonia Méndez, haberá tamén unha oportunidade para ver todos os traballos de Alberte Pagán.
Aitana Sánchez Gijón recibe esta noite no Teatro Principal un dos premios Cineuropa. Despois da súa entrega proxectarase unha comedia de Gonzálo Suárez, "unha rareza do cine da pasada década, Oviedo Express, sensacional vodevil merecedor dunha cumplida revisión e no que Aitana Sánchez-Gijón brilla especialmente dentro dun impagable reparto coral" segundo o programa do encontro. Canda ela, Jorge Drexler será o outro dos premiados que chegará a Santiago para, ademais de recoller o premio, ofrecer un concerto acústico (martes 15, 20:30 horas).