Cineuropa estreará Outro máis, un filme sobre as consecuencias da marea negra

Producida por Filmanova, está dirixida por Ricardo Llovo

É unha ficción pero podería ter acontencido perfectamente porque Outro máis recrea como lle afecta as relacións dos veciños dunha vila costeira galega unha marea negra. A película para televisión de Filmanova é una das producións que se estrean no marco de Cineuropa, o festival de cinema de Santiago. A proxección, prevista para o luns, 14 de novembro ás 20:15 horas no Teatro Principal, está dirixida por Ricardo Llovo e protagonizada por María Vázquez, Fran Peleteiro, Marta Larralde ou Toñito de Poi, entre outros.

Este filme para televisión, enmarcase no xénero de dramedia, cunha duración de 80 minutos foi gravada en alta definición dende o 1 de marzo ata o sete de abril de 2011. Ademais, tal e como indica unha nota de prensa da produtora "supón a continuidade de Filmanova na produción de cine para televisión despois de Secuestrados en Georgia, dirixida por Gustavo Balza para TVG e T5, Fragments dirixida por Judith Colell para TVG e TV3, Diario de un Skin, dirixida por Jacobo Rispa e producida para Telecinco e Fútbol de Alterne dirixida por Alber Ponte para TVG".