Cineuropa en trailers: luns 14

O festival acolle a estrea da longametraxe de Ricardo Llovo, Outro máis

14/11/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: cineuropaaudiovisual
41 lecturas | Compartido 0 veces

Fotograma de "As neves do Kilimanjaro" de Robert Guediguian

No marco da presentación de producións audiovisuais galegas hoxe é o momento de Outro máis, a película para televisión dirixida por Ricardo Llovo. Un filme que ficciona as relacións veciñais despois dunha marea negra. Canda esta producion, continúa as proxeccións do ciclo alemán, da sección oficial. Ademais, completa a programación unha mesa redonda na que se debaterá sobre o papel e o futuro deste tipo de encontros.
TEATRO PRINCIPAL 18:00 IF NOT US, WHO Andres Veiel 20:15 OUTRO MÁIS Ricardo Llovo 22:30 LES NEIGES DU KILIMANDJARO (THE SNOWS OF KILIMANJARO) (AS NEVES DO KILIMANJARO) Robert Guédiguian SALÓN TEATRO I 13 20:00 KISEKI / I WISH (MILAGRO) Hirokazu Kore-eda 22:15 KILLER ELITE (ASASINOS DE ELITE) Gary McKendry SEDE FUNDACIÓN NOVACAIXAGALICIA-CSM 17:45 Mesa de Debate.” 25 anos de Cineuropa: Pasado, presente e futuro dos festivais de cinema” Participan: Jaime Pena (Cahiers du Cinema, Programador CGAI) Martin Pawley (Director da Mostra de Cinema e Ciencia) José Manuel Sande (Programador CGAI) Marta Gómez (Periodista cinematografica da TVG) Modera: José Luis Losa 22:30 DIE ÜBERLEBENDEN (OS SOBREVIVENTES) Andres Veiel

Universo culturagalega.gal