Preto de 4.000 hectáreas de terreo en Galicia están baixo custodia. É dicir, contan con colectivos que traballan por salvagardar valores naturais do terreo, xa sexa mercándooos ou por acordos cos seus propietarios. Recentemente as entidades galegas que apostan por este xeito de traballo celebraron o seu primeiro encontro, e o pasado día 3 unha representación do noso país participou na posta en marcha do Foro Estatal de Custodia do Territorio. Descobre no noso mapa os proxectos que están en marcha e complétao cos que se vaian dando a coñecer.
Podes engadir máis proxectos galegos de custodia do territorio pinchando nesta ligazón
Desde mediados dos anos noventa están a se multiplicar no noso país os proxectos que apostan pola custodia do territorio, en moitas ocasións mesmo sen o saber. Os pasados 29 e 30 de outubro celebrábase en Compostela o I Encontro de Custodia do Territorio, organizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) e mais a Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT). Estas entidades cifran nunhas 4.000 hectáreas as que se atopan protexidas deste xeito no noso país por parte dunhas 18 entidades diferentes. Segundo explica Óscar Rivas, secretario da Asociación Galega de Custodia, esta fórmula é un movemento incipiente que aínda que ten moito que facer. Trátase dunha estratexia de conservación que tenta implicar a sociedade civil e facela corresponsable da protección. A idea é que entidades de custodia cheguen a acordos con propietarios de terreos para conservar as súas fincas. No noso contexto ten bastante interese porque máis do 90% do territorio está en mans privadas.
A historia dun xeito de traballo
O desenvolvemento deste modelo no medio é relativamente recente. Segundo lembra Rivas, no ámbito saxón desenvólvese desde finais do século XIX, a España chegou cara a 1974 cun proxecto de Félix Rodríguez de la Fuente e logo desenvolveuse de xeito especial en Cataluña a partir da segunda metade dos anos noventa. En Galicia, a Asociación para a Custodia do Territorio naceu aínda en 2008, pero existen proxectos puntuais neste campo xa desde 1976, como é o da fraga de Ridiomas, no que a asociación homónima vai mercando anacos deste bosque próximo a Ribadavia, sería a primeira e a de máis calado, lembra. Nun foro en Asturias sobre esta cuestión atopamos xente que nos dicían que levaban 25 anos a facer custodia sen o saber, sinala Ramsés Pérez, esponsable de educación ambiental de ADEGA. Moitas actividades como Fontaíña en Vigo ou ANABAM no Baixo Miño non asimilaban o que facían a este concepto, lembra. No entanto é nos últimos anos cando se están a multiplicar as propostas que aproveitan este sistema de acción sobre o medio, aparecendo múltiples iniciativas que traballan na maior parte dos casos a nivel local, abordando a mellora, o acondicionamento ou a simple protección de estensións máis ou menos reducidas de territorio.
O traballo
De xeito máis concreto, un acordo de custodia, no que o propietario dun terreo permite desenvolver ou aborda determinadas actividades de conservación, dá pé a todo un abando deposibles actuacións. Trátase dunha ferramenta moi ampla e con bastante elasticidade, iso faina moi rica, sinala Rivas. Se se trata de protexer unha especie concreta, por exemplo, en moitas ocasións o máis recomendable é non facer nada en determinada época, explica Ramsés Pérez. Pode haber aves que se vexan afectadas no caso de que un cultivo se corte moi cedo, entón en ocasións págaselle o custe do cultivo ao produtor para que o deixe estar. No traballo que facemos en ADEGA na Eira da Xoana mercamos unha finca e alí facemos traballos de mantemento e mellora, así como actividades de divulgación. No Proxecto Tea eliminamos especies invasoras deste curso fluvial, e en Castieixas recuperamos unhas antigas balsas de rego que estaban abandonadas, e que tamén son un patrimonio cultural moi interesante, limpámolas e recuperamos un anaco da rede de rego da que facían parte, repasa. Desde esta mesma asociación teñen en marcha a colleita de fondos para adquirir monte galego e o salvagardar, no que será un futuro proxecto de custodia forestal. Pola súa banda, desde a AGCT lembran que para a custodia de aves ameazadas cómpre fomentar prácticas agrícolas responsables que favorezan estas especies. No caso dos morcegos téntase concienciar a xente que ten unha colonia no faiado e facilitarlles a convivencia coa instalación de sistemas para evitar que manchen. Ao final, a moitos gústalles ter estes animais na casa. No caso do monte Cabalar, a cooperativa practica un aproveitamento sustentable do monte, lembra Rivas.
Protección complementaria
Os proxectos de custodia nacen, polo xeral, coa intención de completar as redes públicas de protección ambiental que xa existen.Segundo explica Ramsés Pérez, non se trata de desenvolver unha alternativa aos espazos naturais que xa existen. Trátase de acompañalos e de sumar. Esta ferramenta leva a defensa do medio á cidadanía. Rivas sinala as posibilidades que abre á hora de relacionar a sociedade cos espazos naturais. Moitas veces síntese a creación dunha área protexida como algo imposto desde arriba que xera resistencias na cidadanía. Deste xeito é a inversa, xorde desde a base e permite unha acción máis eficiente. Ás 16 entidades que participaron no Encontro, segundo sinala Pérez, cómpre sumar iniciativas como o Banco de Terras ou as distintas iniciativas de hortas urbanas que existen en Galicia, que non deixan de ser exemplos de custodia urbana en terreos municipais. E sen contarmos o traballo da Coordinadora para o Estudios dos Mamíferos Mariños nin o Proxecto Ríos, que traballan sobre terreos de dominio público, ao igual que acontece coa reserva mariña de Miñarzos que custodia a confraría de pescadores de Lira.
Do ecolóxico ao cultural
Unha das peculiaridades que presenta este tipo de proxectos é que os valores que se traballan nun territorio trascenden a miúdo os puramente ecolóxicos. Pode tratarse tanto de patrimonio biolóxico como xeolóxico, paisaxístico e cultural, lembra Rivas. Malia a que no noso país desde a Asociación non teñen constancias de inicativas deste tipo centradas neste último termo, advirten de que en Europa estamos sempre ante paisaxes humanizadas e non se pode separar natureza e cultura, e todos estes elementos entran en xogo. Proxectos como o do Val de Esmelle ou Vaipolorío, en Pontevedra, atenden aos elementos patrimoniais vencellados ao río, e mesmo se preocupan polo patrimonio inmaterial, atendendo á microtoponímia ou aos nomes populares de animais ou plantas da zona. De xeito semellante, pódense inserir neste tipo de proxectos o traballo de conservación de paisaxes, e pódese pensar en proxectos como a posta en valor de petróglifos que desenvolve a Mancomunidade de Montes de Santa Cristina, en Baiona, como un xeito de custodia patrimonial. No entanto, queda aínda pendente o desenvolvemento deste tipo de iniciativas no campo cultural. En Galicia é algo que non está desenvolvido, recoñece Rivas.
A cuestión do minifundio
A estrutura de propiedade agraria predominante no noso país, o coñecido minifundio, é unha das cuestións que marcan de xeito decisivo o traballo de custodia en moitas das iniciativas. Hai cuestións positivas e negativas, lembra Pérez desde ADEGA. Algo común a todo o Estado é a dificultade de obter datos dunha parcela para poder contactar co propietario. Logo o minifundio é un problema tanto aquí como en Asturias ou en Euskadi, pero si acontece que en Estremadura, cun só acordo, teñen en custodia case a totalidade das hectáreas que hai en Galicia con esta figura. A súa propia asociación ten constancia desta problemática. Temos unha finca de 1,4 hectáreas que nos cederon para a protección de anfibios, e vannos ceder outra de 3 hectáreas. Esta mesma persoa ten un total de 20 hectáreas que podería pór baixo custodia, pero estas dúas son as maiores, o resto son practicamente inservibles para actuar sobre elas.
Camiños abertos
Como un dos primeiros froitos deste Encontro de Custodia xurdiu unha representación do noso país no Foro Estatal de Custodia do Territorio, que agrupa diferentes redes autonómicas de iniciativas deste tipo. Aquí non había unha rede, pero fomos unha agrupación de entidades, en concreto ADEGA, a Asociación de Custodia e mais a Fundación Fragas do Mandeo. É un comezo de coordinación e estamos a dar pasos para avanzar. A idea é impulsar a nivel estatal este tipo de proxectos e traballar polo recoñecemento institucional e xurídico deste traballo. Noutros países hai mecanismos financieiros que favorecen a custodia mediante incentivos aos propietarios, lembra Rivas. Pola súa banda, desde ADEGA, Pérez sinala que está pendente levar a custodia a ámbgitos que non sexan só o dos grupos ecoloxistas ou conservacionistas. Noutras zonas hai redes nas que participan concellos, empreass ou cooperativas, pero aquí están vencelladas ao movemento ecoloxista. De certo as propostas deste tipo non han facer máis do que medrar.