Redeseñando o país a anacos

O estudio Cenlitrosmetrocadrado reinterpreta as tradicións nas súas propostas de creación industrial

Vexetalico, de Cenlitrosmetrocadrado
Vexetalico, de Cenlitrosmetrocadrado
Recuperar algúns dos elementos e ferramentas máis típicas e habituais do noso rural e darlles novos usos ou achegarlles novas formas. Deste xeito naceu a idea dun somier para separar espazos interiores, un asento portátil para latricar ou unha caixa reutilizable para os produtos do agro. Esta é a liña de traballo que segue Cenlitrosmetrocadrado, un orixinal estudio de deseño ubicado en Compostela.

Cenlitrosmetrocadrado está composto por tres deseñadores industriais. Malia a que o groso do seu traballo corresponde ás encargas habituais neste tipo de negocios, coma a creación de postos para feiras, interiores de locais, deseño corporativo e gráfico e propostas semellantes, a peculiaridade do estudio é que apostou por crear proxectos que expresasen de xeito práctico as súas liñas de pensamento, o que eles chaman I+D+Cen. “Isto saiu un pouco da necesidade expresar a filosofía de estudio. Son como unha investigación a nivel interno que non serven para experimentar cousas a nivel conceptual e tamén práctico, atendendo a cuestións de materiais e procesos de produción”, explica Manuel del Río, un dos tres membros da iniciativa.

Segundo advirten os seus membros, “a filosofía en xeral é ser un estudo de deseño galego, e como tal hai unha serie de campos e tecidos produtivos aos que podemos atender. A nivel industrial non hai tanto campo para traballar e no campo vemos que si hai xeitos viables de explotación, vémoslle posibilidades a este campo de traballo e tamén está menos explotado”. De xeito semellante, no estudio teñen unha aposta clara polo traballo artesán. “Noutros lugares é algo que está en vías de desaparición, e aquí si que existen un tecido potente, con profesionais competentes que ademais están a incorporar novos xeitos de facer, tanto a nivel tecnolóxico como de formación e de proxectos de colaboración”.

A seguir estas liñas atopamos comedeiros para paxaros que se poden colgar na xanela, unha “unidade básica atenuante de morriña” ou mesmo un carriño para vender os produtos da leira ao carón da estrada. Propostas que, na maior parte dos casos, non chegan a se producir en serie. “Os últimos proxectos si que os fixemos cunha intención de que poidan ser algo máis comerciais. De Amelia (a caixa retornable para produtos de horta) fixemos algún e o Granmola (comedeiro para paxaros) sí se pode mercar. Moio (o atenuante de morriña) non se chegou a producir si que houbo un organismo público que o chegou a solicitar para facer unha tiraxe. De calquera xeito non é habitual que che fagan solicitudes nesta liña e para nós é moi díficl atender a cuestións de produción e comercialización ao tempo que ao traballo no estudio.

Galería: <i>I+D+Cen</i>

Galería: I+D+Cen

Amelia. Caixa retornable para produtos da horta. Apilable. Cenlitrosmetrocadrado

Surtidhora. Punto de abastos

Surtidhora. Punto de abastos

Pensado para vender produtos hortícolas na beira das estradas. Cenlitrosmetrocadrado

Granmola. Comedeiro para paxaros

Granmola. Comedeiro para paxaros

Cenlitrosmetrocadrado

Moio. Unidade básica atenuante de morriña

Moio. Unidade básica atenuante de morriña

Caixa para enviar produtos do país aos ausentes. Cenlitrosmetrocadrado

Disque... Asento

Disque... Asento

Cenlitrosmetrocadrado