O traballo da Sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritores en Lingua Galega retomou este outono as súas Polafías. O un de outubro celebrábase un destes encontros, centrados na colleita de historias, cantigas, contos e lendas no local social de Doade, en Xirarga, Beariz. O web da AELG acaba de publicar o resultado daquel traballo. Máis de medio cento de vídeos nos que podemos atopar desde os contos de Celso Fernández Sanmartín ata as historias dos veciños, como a da muller que anda ao revés ou os empregos do corno de alicornio, así como cantigas e sucedidos locais.
Antonio Reigosa, responsable da Sección de Literatura Oral, anuncia que en breve se publicarán novos vídeos rexistrados na Polafía realizada no Pazo de Tor, en Monforte, e está prevista outra no barrio coruñés de Monte Alto. Asimesmo, tamén se publicarán gravacións de Ángel Rivas Veiga en Orxas, Pastoriza e de Josefa Arias en Santaballa, Vilalba, dentro da sección Mestres da Memoria.