
Cineuropa exhibirá este ano filmes como "O cabalo de Turín" (de Bela Tarr, galardoado co Oso de Prata en Berlín), "Le Havre" (de Aki Kaurismaki, Premio da Crítica en Cannes), "Fausto" (de Aleksandr Sokurov, León de Ouro en Venecia), "Route Irish" de Kean Loach, "LApollonide" de Bertrand Bonello, ou acontrovertida "Hors Satan" de Bruno Dumontson. Ademais diso manterá dous ciclos dedicados ao cinema alemán: un específico do realizador Anders Veiel e outro para acoller á chamada Escola de Berlín , unha xeración de realizadores novos que está a desenvolver un traballo interesante e creativo puntualizou Losa. Haberá tamén espazo para o cinema galego, nunha sección coordinada por Martin Pawley que, segundo o director de Cineuropa terá nome como Marcos Nine, Angel Santos, Lois Patiño e o traballo de Alberte Pagán e Xurxo Chirro.
O fetival non descoidará que celebra a súas vodas de prata con dúas actividades. Unha é unha mesa redonda na que programadores e especialistas falan sobre o papel do festival, e a outra é unha retrospectiva sobre filmes que deixaron pegada ao longo destes vinte e cinco anos de historia.