O campesino cocaleiro José Crisanto (LuÃs Tosar) recibe o encargo de coidar de Enmanuel, o fillo que a Clara Rojas (Martina GarcÃa) tivo cun guerrilleiro mentres estaba secuestrada. A FARC anuncian a liberación da nai e do fillo, pero o dÃa previsto a guerrilla non sabe onde está o neno. Esta é a historia que conta Operación E, o último filme da produtora xestionada por LuÃs Tosar e Farruco Castromán, Zircozine. Ademais, ambos produtores son tamén actores neste trhiller. A rodaxe comeza agora na selva colombiana con Miguel Cuortois Paternina, realizador hispano-francés coñecido polos seus dous filmes sobre terrorismo: GAL e El Lobo, como director. O filme ten un orzamento de 3 millóns de euros, conta co apoio do ICAA e está coproducido coa española Tormenta Films e a francesa A.J.O.Z. Films, coa participación de Televisión Española e Canal + Francia.