O Centro Cultural Carvalho Calero acolle hoxe, xoves, ás 19:00 h. unha mesa redonda dentro do ciclo dos Faladoiros Cunqueiro que promove o Consello da Cultura Galega. Desta volta, Ramón Loureiro, J. A. Ponte Far, Rubén Jarazo e Antonio Raúl de Toro Santos debaten sobre o mundo céltico e bretón na obra de Álvaro Cunqueiro. Influencias, confluencias e visións sobre esta potente fonte de inspiración serán analizadas por estes escritores e críticos.