Xentilicios, alcumes aplicados a colectivos e mais refráns e coplas nos que se empregan estes termos compoñen o Portal de ditados tópicos galegos que presentaba o Instituto da Lingua Galega a finais da semana pasada. O proxecto achega unha grande selección de nomes polos que nos chamábamos, ou aínda nos chamamos, os galegos uns aos outros, e como coñecemos popularmente algúns lugares. Por exemplo, de certo moita xente non sabe onde fica a Terra do Paxaro ou quen son os xabrentos. Explora tamén no noso infográfico como quedaría un mapa de Galicia se os falsos topónimos foran os reais.
Ribeiráns, muradáns, picheleiros ou afiadores son nomes que designan galegos nados en áreas concretas do noso país como son a comarca do Ribeiro, Muros, Santiago de Compostela ou a provincia de Ourense. Canda a estes, a nosa lingua atesoura milleiros de nomes e de alcumes cos que designar os colectivos que viven en diferntes partes do país. En 1971, dentro do proxecto de elaborar un Diccionario Geográfico Popular de España (DGPE), Camilo José Cela enviara, a través dos carteiros do servizo postal, cuestionarios a todos os recantos de España para saber como eran coñecidos propios e veciños. Agora, o material referido a Galicia deste proxecto, ata o de agora inédito, pode consultarse na rede da man do Instituo da Lingua Galega. O portal de ditados tópicos galegos achega o material de 1.212 destas fichas, das cales se tiraron un total de 1.559 alcumes colectivos, 1207 xentilicios, 328 refráns, 786 coplas e cantares e 42 pseudotopónimos.
A recolla
O portal supón o aproveitamento dun material que estaba inédito na Fundación Camilo José Cela, só se fixera unha tese sobre isto hai como dez anos, explica David Rodríguez, un dos responsables do proxecto. A iniciativa foi posible mediante a colaboración entre a Fundación do escritor e mais o Instituto da Lingua Galega, e comezou coa dixitalización das fichas que encheron os carteiros, dispoñibles agora en formato pdf para todos os interesados, e mais a súa transcrición. Este proceso explica a curiosidade de que, nun web promovido polo ILG poidamos atopar textos en castelán e referencias de topónimos domo Lorenzana ou Puenteareas entre moitos outros. Aos introducir na base de datos do portal fíxose unha adaptación ortográfica á norma actual, explica Rodríguez, o que permite unha busca totalmente en galego á par que se mantén o acceso aos documentos orixinais. Os carteiros moitas veces, debido á castelanización e á deturpación dos topónimos, achegaron xentilicos con terminacións castelás como muradanos ou malpicanos, que non existen, apunta. No entanto é moi curioso que, aínda que os xentilicios están castelanizados, os alcumes colectivos e mesmo cantigas e refráns están moitas veces, e na medida das posibilidades de cada carteiro, transcritos en galego, e mesmo se destecta un especial esforzo por respecta a lingua nalgúns casos.
Menos escala, máis nomes
En canto ao tipo de contidos que se recollen nesta base de datos, Rodríguez salienta como proliferan os alcumes canto máis pequenas son as entidades das que se fala. Por unha banda atopamos, sobre todo en Ourense, alcumes que poderíamos chamar provinciais, como é o caso de afiadores, paragüeiros ou o pseudotopónimo Terra da Chispa. Logo a nivel de comarca hai máis xentilicios do que alcumes como Dezaos, Ribeiraos ou Mariñaos. Indo máis o concerto, hai concellos, parroquias ou mesmo lugares no que se poñen alcumes uns aos outros. De feito, para as unidades máis pequenas do que os concellos, hai máis alcumes mesmo do que xentilicios, sinala. Por exemplo, nunha aldea como Redes, non se emprega un xentilicio, dise os de redes, pero si hai alcumes. Un dos máis cuirosos é o dos habitantes de Ver, en Bóveda (Lugo). Pasa por alí a vía do tren e apúxoselles o nome de Miratréns, lembra. Na mesma zona recóllense outros alcumes como Rapatoxos, Danzantes, Queimas-sebes ou Lavacús. Os de Carril, en Arousa, son Afogacristos, dis que puido ser por que un día lles caese un Cristo ao mar ou ben porque, ao amarrar as dornas aos cruceiros que hai no medio do mar tiraron algún. Na maior parte dos casos, pódese comprobar como hai unha certa retranca no xeito no que son coñecidos os habitantes dun lugar.
Cantigas e ditos
A inclusión de ditos neste proxecto débese precisamente a que é neste tipo de folclore onde se atopan a miúdo recollidos os alcumes, xeralmente humorísticos, que se lle apoñen aos veciños. Rodríguez recoñece que existen moitas cantigas que concatenan varios xentilicios ou alcumes de diferentes localidades e en ocasións é o único contexto no que se ten recollido este tipo de nomes. Do mesmo xeito, a base de datos achéganos tamén refráns nos que ocupan un lugar destacado os topónimos como é o de En Ares non te pares, en Redes non te quedes, en Caamouco para pouco. Son moi comúns os ditos que empregan a rima tun topónimo en -ión para crear o dito de catorce veciños e quince ladróns, como é o caso de Catasós ou San Martiño de Siós.
Proxecto aberto
Malia á magnitude que xa na actualidade ten este proxecto, Rodríguez destaca que coa posta en marcha do web ábrese tamén a posibilidade de que os usuarios da rede poidan facer novas achegas á base de datos. Ábrese unha porta para compilar novos alcumes, coplas e xentilicios da súa zona. A iniciativa ten vontade de medrar. Ademais, sinala que desde o propio ILG se quere continuar, a partir de distintas fontes, completando os datos dispoñibles. Por certo que, a teor dos datos do portal, son os laurentinos ou habitantes de Lourenzá os que habitan a Terra do Paxaro, e os xabrentos son os habitantes de Ares.
Explora Galicia a través dos Falsos Topónimos no noso infográfico.Ribeiráns, muradáns, picheleiros ou afiadores son nomes que designan galegos nados en áreas concretas do noso país como son a comarca do Ribeiro, Muros, Santiago de Compostela ou a provincia de Ourense. Canda a estes, a nosa lingua atesoura milleiros de nomes e de alcumes cos que designar os colectivos que viven en diferntes partes do país. En 1971, dentro do proxecto de elaborar un Diccionario Geográfico Popular de España (DGPE), Camilo José Cela enviara, a través dos carteiros do servizo postal, cuestionarios a todos os recantos de España para saber como eran coñecidos propios e veciños. Agora, o material referido a Galicia deste proxecto, ata o de agora inédito, pode consultarse na rede da man do Instituo da Lingua Galega. O portal de ditados tópicos galegos achega o material de 1.212 destas fichas, das cales se tiraron un total de 1.559 alcumes colectivos, 1207 xentilicios, 328 refráns, 786 coplas e cantares e 42 pseudotopónimos.