"Cándida Vilacruces" é a obra pola que a escritora Gloria Sánchez acaba de recibir o premio Lazarillo 2000. Un accesit que premia a cualidade e a temática dunha obra sobre literatura infantil. Ademais, José Ángel García López foi premiado pola Universidade de Santiago (USC) polo seu traballo "Ideas de Manuel Murguía sobre a lingua".
Premio Lazarillo
A escritora Gloria Sánchez vén de tomar o relevo de Marilar Aleixandre, ó gañar o premio Lazarillo de Literatura Infantil. Un dos galardóns máis prestixiosos dos convocados nesta materia en calquera das linguas do Estado español. O certame, dotado con un millón de pesetas, está organizado pola Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil e promocionado polo Ministerio de Cultura.
Murguía e a lingua
"Ideas de traballo sobre Murguía e a lingua" é o título co que José Ángel García López acaba de gañar o premio de Investigación Lingüística e literaria "17 de maio". Un galardón que cada ano pretende premiar ós estudios realizados sobre os autores que cada ano se honran no día das letras galegas. O premio "17 de maio", instaurado polo Departamento de Filoloxía e a Universidade de Santiago pretende potenciar a investigación lingüística e literaria en lingua galega entre estudiantes universitarios.