Fase de trema é o tÃtulo da obra coa que Lorena Souto acaba de gañar a XXIV edición do Premio Nacional de PoesÃa Xosé MarÃa Pérez Parallé. O xurado, composto por Marica Campo, Rosa Aneiros e Andrea Nunes Brións recoñecÃa esta fin de semana o seu traballo co galardón que organiza o CÃrculo Mercantil e Industrial de Fene. A gañadora recibirá o vindeiro 19 de novembro nesta localidade unha escultura conmemorativa e a súa obra será publicada na editora Espiral Maior.