Teñen menos de corenta anos, formáronse na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña e queren diferenciarse desa construción de promoción que afeou a paisaxe galega nas últimas décadas. Agora, unha exposición escolma de dez traballos para por en valor a Xeración X da arquitectura galega.
Nas vindeiras semanas aterrará na mesma facultade que os veu formarse a exposición Metagénesix/Nova Arquitectura de Galicia. Chega de Lisboa onde exhibÃu, no marco dunha rede europea Import/Export para dar visibilidade ao tráballo de novos arquitectos, o que se está a facer en Galicia. “A xente sorprendÃase das propostas e calidade dos proxectos e dicÃa que era moi diferente do que se facÃa noutras zonas de España” asegura Alberte Pérez, un dos comisarios deste proxecto que alén da mostra tamén contou con conferencias e mesas de debate. A exposición seleccionou, previo envÃo de solicitudes, dez proxectos destacados que fixeron arquitectos galegos que respondÃan a dúas premisas: ter nacido a partir da xeración dos setenta, estar formados en Galicia e "querer facer as cousas ben" matiza o comisario. Despois comparten outros denominadores comúns como “facer unha arquitectura de proximidade, é dicir, sendo global pero pensado no local, no que temos máis próximo, asumindo as limitacións para convertelas en oportunidades e buscando esa querencia polo detalle” asegura Pérez. El, xunto con Enriquez Pérez e Carlos Mosquera del Palacio (cos que conforma Trespés Arquitectos) máis Ana Amado e Felipe Trillo botaron a andar este proxecto.
Moito máis que unha exposición
Malia que recibiron mais de douscentas propostas (un dos requisitos máis determinantes era ter obra terminada) a exposición que leva por nome “Metagénesix” só inclúe dez. A limitación viña determinada porque é un formato expositivo que xa se desenvolveu en Cataluña e que no ano 2009 Pedro Duarte e Pedro Buill quixeron estender a Galicia. “Quixemos manter o mesmo formato porque nos parecÃa máis coherente manter esa estrutura de cara a futuros intercambios” recoñece Alberte Pérez, quen ten no horizonte facer un intercambio con Cataluña e con outros territorios de Ãndole europea. Entre as propostas selecionadas hai un pouco de todo, desde a rehabilitación dunha vivenda ata a construcción da dunha escola infantil ou unha biblioteca. Un exemplo pode ser o parque de San Fructuoso, que estaba condicionado polo seu pasado histórico. “Ao ser durante moito tempo cemiterio de peregrinos e pola súa ubicación contra a ultima zona de hortas de Santiago era complicado pero que Ansede Quintáns conseguiu desenvolver retomando a tradición das antesalas ds espazos nobles, mesturando con árbores tradicionais como é o buxo” asegura. Moitas desas obras foron escollidas polo equipo de comisarios pola súa singularidade e resultaron ser premiados noutro concurso. “Non era a nosa intención, pero todos os premios que as obras recibiron a posteriori, acabaron por reafirmar o criterio que se seguiu á hora de elexir os proxectos” explica o comisario. Un exemplo poder ser o caso da Cantina da Cidade da Cultura que recrearon unha carballeira estrutural a través de mobiliario, que foi finalista dos premios FAD.
Por outra banda, o nome do proxecto encerra dúas visións. “En bioloxÃa, Metaxénese indica é a alteración de xeración, aclara Pérez, ao tempo que evidencia que a exposición recolle unha parte desa xeración nada a partir dos setenta que fai as cousas dunha determinada maneira, atendendo a esa idea de proximidade, da contorna”. Ao mesmo tempo, o comisario asegura que recupera o xogo de palabras da xeración X e dos sistemas de información xeográfica, “de aà o de que manteñamos o X”.
Alén da exposición, que reproduce en lonas de gran formato dúas imaxes de cada proxecto, a proposta inclúe tamén actividades como conferencias e debates sobre o momento actual da creación. “A nosa proposta é que despois da boa acollida de Lisboa, tamén circule por Galicia, pero non tanto nas grandes cidades, senón que cheguen a vilas e territorios pequenos nos que dar conta de todo ese traballo” .
Outras propostas
Non era a primeira vez que TresPes arquitectos se encargaba de facer accións relacionadas con darlle visibilidade á arquitectura galega. En realidade, desde hai tres anos son os encargados de promover todo un proxecto cultural que bautizaron co nome de Intemcións, co obxectivo de divulgar toda unha forma de entender a construción. Todas as actividades teñen lugar na coruñesa librarÃa Formatos e foi, precisamente neste mesmo espazo decidiron darlle cabida a algunhas das propostas non seleccionadas para a exposición de Lisboa. Agrupáronos en cinco epÃgrafes (Oportunidades, Vivienda +, Espazo Dotacional, Re-habitación, Espazos de Atención) porque “querÃamos que se visen desde proxectos por encarga, ata vivendas especiais limitadas as propostas que propuñan os promotores ou ata intervencións en espazos coo os campos de fútbol”. Alén das exhibición das propostas, idearon un programa de conferencias e mesas de debate que se centraron en aspectos concretos da creación arquitectónica actual. “Quedan moitos mitos por derrubar” aseguraba Alberte Pérez que cre que iniciativas coma esta serven para concienciar á cidadanÃa da súa necesidade.