Son of Babylon e Cairo exit comparten o premio do Festival Amal

O público premia This is my land, Hebrón

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Son of Babylon de Mohamed Al-Daradj e Cairo exit de Hesham Issawi compartiron “ex aequo” o premio ao mellor longametraxe de ficción da última edición do Festival Amal. O xurado recolleceu a historia da viaxe dun neno kurdo que busca ao seu pai desaparecido na Guerra de Irak en compaña da súa avoa (Son of Babylon) e a doutro filme que conta como lle afectan as diferenzas relixiosas entre musulmáns e coptos (cristianos ortodoxos) a unha parella nova (Cairo Exit). O premio do Público foi para This is my land, Hebrón, que tamén foi galardoado co premio a mellor documental. A cinta galega Todos vós sodes capitáns, gañou o premio da TVG. O premio especial Amal Express 2011 foi para Alas de revolución de Carlota Mosquera. O sábado entregáronse os premios desta edición, que contou con 3.500 espectadores para ver os 26 filmes a competición.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Amal, Carlota Mosquera, Guerra, Documental...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares