Lugo e Vigo promoven o uso de galego nas lápidas funerarias

Con motivo do día de defuntos, en Lugo repartiranse tarxetas con poemas de Pereiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
O tenente alcalde de Lugo, Antón Bao, presenta as tarxetas

O tenente alcalde de Lugo, Antón Bao, presenta as tarxetas

"En Galicia hai parroquias de vivos e parroquias de mortos" asegura a Faro de Vigo o presidente da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, Xosé González. Na súa opinión as lápidas non recoñecen a lingua na que sempre se exprseron as persoas que alí descansan, por iso este coelctivo está a fomentar as mandas testamentarias ( dictado das derradeiras vontades ante notario) en galego. A concellaría de Normalización Lingüística de Vigo facilita este trámite para os que o soliciten. De xeito paralelo, o concello de Lugo aproveita o día de defuntos para difundir 4.000 tarxetas cun poema de Lois Pereiro (“somentes intentaba conseguir deixar na terra algo de min que me sobrevivise”) coa intención de conciencias sobre o uso do idioma nos cemiterios.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Normalización Lingüística, Lois Pereiro, Xosé González, Concello de Lugo...