Os galegos están a mudar os seus hábitos culturais. A crise económica, a integración das novas tecnoloxÃas ou mesmo as modas están a facer que algunhas das opcións máis habituais neste campo teñan que compartir espazo con novos xeitos. Tanto na asistencia a espectáculos como, de xeito especial, nas actividades artÃsticas que desenvolven os galegos, detéctase que estamos ante novos tempos. O Observatorio da Cultura Galega explota os datos da enquisa de hábitos e prácticas culturais en España do Ministerio de Cultura e amósanos, entre outras cousas, a pegada que teñen os videoxogos no noso paÃs.
Da letra á imaxe
A escrita está a caer. A que durante moito tempo foi considerada a actividade artÃstica raÃña no noso paÃs, con multitude de premios, institucións e xeitos de se visibilizar, como demostra o feito de termos un DÃa das Letras Galegas, conta cada vez con menos practicantes. Os datos da enquisa amosan que, se en 2006-2007 un 5% dos galegos practicaba esta disciplina, o que supuxera un incremento de cator puntos a respecto do anterior perÃodo, na actualidade deuse de novo unha baixada que deixou unicamente un 2,6% de galegos que apostan por este xeito de expresión artÃstica. A situación déixanos a unha grande distancia de media estatal, xa que na actualidade practican a escrita un 7,1% dos españois (7,5% en 2006-2007).
Fronte a este descenso, destaca o crecente interese pola imaxe como xeito de expresión. Nada menos que un 17,7% dos galegos se declara afeccionado á fotografÃa, un espectacular incremento a respecto do 6,5% que apostaba por este medio en 2002-2003. O crecemento é sólido, xa que en 2006-2007 eran un 12,7% os afeccionados. A menor escala, tamén a afección polo vÃdeo amosa un crecemento sostido. En total, unha de cada tres persoas que desenvolven algún tipo de actividade artÃstica aposta pola foto. Mentres en 2002 só un 1,8% da poboación apostaba por el, nos últimos datos sitúanse xa nun 6,3%, é dicir 3,7 puntos máis do que a xente que aposta pola escrita. No entanto, a cifra está bastante afastada da media estatal de afeccionados á gravación de imaxes, un 12,8%. Non cabe dúbida de que a penetración da fotografÃa dixital e xeralización de dispositivos con capacidade de rexistrar imaxes, tanto fixas como en movemento, está fondamente relacionada con estes espectaculares incrementos. A pegada social que conseguen redes como Youtube ou Flickr, entre outras, á hora de compartir este tipo de documentos posiblemente teña contribuÃdo á extensión destas expresións artÃsticas.
Menos conferencias
Outra actividade con tradición nos hábitos culturais galegos, a asistencia a conferencias e mesas redondas, está a ver tamén unha forte mingua. Un de cada dez galegos asiste a este tipo de eventos, fronte a un 14% que o facÃa en 2006. A media galega sitúase tamén por baixo da media estatal, situada nun 13,1%. Malia a que pode parecer unha porcentaxe escasa, os datos do Ministerio de Cultura derruban tamén a idea dunha preferencia masiva polo deporte fronte a eventos culturais, xa que unicamente un 21,5% dos galegos asistiron a este tipo de espectáculos.
Máis televisión e radio
O impacto da televisión na poboación galega continúa a descender na última década. Se en 2002-2003 un 98,4% poboación consumÃa este medio, na actualidade a cifra baixou a un 96,6%. No entanto, increméntase, logo dun lixeiro descenso en 2006-2007 o tempo dedicado a este entretemento, xa que se lle dedica cada dÃa unha media de 145,8 minutos. A cifra está afastada da media estatal, cifrada en 168,1 minutos de exposición á pequena pantalla. Fronte a isto, a radio está a sofrer un destacado incremento de afeccionados no noso paÃs. Se en 2002-2003 habÃa un 72,7% de poboación que seguÃan este medio, na actualidade os oÃntes supoñen o 80,9% dos galegos e galegas. Ademais, tamén medra lixeiramente o tempo medio de escoita, que pasou de 132,9 minutos naquel momento a 135 na actualidade.
Poucos videoxogos
Malia a que os datos do Ministerio non permiten seguir unha evolución histórica, semella que o consumo de videoxogos está a se implantar en Galicia. Malia a que só un 2,4% da poboación recoñece apostar por esta forma de ocio todos os dÃas, un 8% xoga cando menos unha vez á semana, un 10,3% unha vez ao mes e un 13,6% unha vez no ano. A comparar coa media do Estado, atopamos que temos unha cifra moi semellante de xogadores que practican a diario mentres no caso daqueles que o fan de xeito máis espaciado estamos uns tres puntos por baixo. Por comunidades, somos a sexta cun maior emprego desta forma de ocio, consumindo un 5% da cota estatal. Acción e aventura, seguidos por deportes e estratexia son os xéneros favoritos dos xogadores do noso paÃs, a coincidir coa tendencia de todo o Estado.