“Estou pensando en poñer á venda as oficinas de Continental Produccions” aseguraba Pancho Casal a Culturagalega.org hai uns dÃas. Non é que a empresa peche, senón todo o contrario, xa que a produtora está nun bo momento (no Festival de Cine de Ourense presentaron Barreiros, unha pelÃcula para televisión e esta fin de semana estrearon en TVG) o motivo é moito máis simple. Pancho está convencido que o modelo de negocio para as produtoras como a súa (independentes, non asociadas a ningún grupo de comunicación) teñen que ver Internet como aliado e han de facelo xa. As respostas a todas as preguntas están en Wecoop.
A páxina principal de Wecoop leva unha semana aberta aos usuarios e xa conta con 1.500 rexistrados, dos que duascentas son produtoras. “A maior parte destas produtoras, un dato importante, son de fóra” afirma un entusiasmado Pancho Casal que cualifica a recepción da proposta como “demasiado positiva”. Para chegar ata aquÃ, Continental fixo unha análise da realidade: “temos un sistema actual de ventanas de explotación dos produtos audiovisuais longuÃsimas, de semanas e mesmo meses e, ademais, produtoras como a nosa non vencelladas a ningún grupo de comunicación e que traballamos con televisión autonómicas, vemos que existe unha quebra técnica dos nosos clientes” explica. Ante ese panorama tiñan dúas opcións: esperar a que alguén inventara un novo sistema ou poñelo en marcha. “E iso foi o que fixemos” afirma Casal. De momento, a primeira fase do proxecto xa está en marcha.
Pero… ¿que é wecoop?
Un lugar virtual no que se atopen produtoras de calquera parte do mundo para xestionar e organizar os seus produtos audiovisuais co obxectivo final de abaratar os custes, buscar novos clientes e, ao mesmo, tempo facelo en tempos que noutra parte serÃa impensable. Pancho Casal pon un exemplo concreto. “Imaxina que unha produtora galega está a preparar unha produción sobre pesca no Ulla, resulta que na Patagonia e na Amazonia hai outras empresas que están a facer contidos semellantes e, ademais, todas elas están en Wecoop. Ademais, resulta que en Estados Unidos existen canles especÃficas de pesca que contan cuns 500.000 abonados e lle interesan este tipo e produto”. Deste xeito, poderÃa organizarse unha coprodución para facer produtos audiovisuais e, ao mesmo tempo, xa hai posibles clientes que comprarÃan eses documentais, seriesÂ…. Pero Pancho tamén advirte que se teñen que dar varias circunstancias: “primeiro hai que ser rápido, moi rápido”. Relacionado con ese ritmo de traballo que esixe a rede, cómpre un segundo aspecto: “non se van poder negociar os dereitos de xeito individual, senón que haberá contratos xenéricos atendendo a cada parte do produto audiovisual” . No fondo, é aplicar ao sector audiovisual prácticas que xa existen en plataformas actuais, como a de venda de contidos audiovisuais a través de Amazon ou AppleStore. Como terceira caracterÃstica desta plataforma é que todas as partes do proxecto poderán monetizar as súas propostas e apostas. “Que ninguén se equivoque, non nos interesa quedarnos coas ideas de ninguén, nin sacar un beneficio delas, senón canalizalos a través da plataforma e conseguir un produto de calidade a baixo prezo, recortando custes en organización, reuniónsÂ… no que todos gañen” asegura Pancho Casal. Polo demais, “ha de ser material moi barato e non exclusivo que, xestionado con gran rapidez” permitirá ter moitos proxectos en paralelo.
As referencias e o modelo
Pancho Casal é dos que pensan que non hai nada que non se inventara xa, e inspirouse en plataformas e formas de proceder que xa existen noutros ámbitos. “Baseámonos en cousas parecidas, como o desenvolvemento de Nintendo e de Sony, que primeiro che esixen ser desenvolvedor certificado que che posibilita despois crear contidos para as súas plataformas”. Pois en wecoop algo parecido, de xeito inicial hai como unhas quince persoas (en diferentes partes do proxecto) que se encargarán de validar, revisar os programas e fará o modelo de deseño de contidos que para que despois sexan as partes implicadas as que se poñan a traballar. “Inicialmente será centralizado, pero o obxectivo e que sexan os uusarios os que interveñen entre eles os que decidan todas as fases e só deixen unha pequena parte en Wecoop por servir de plataforma de mediación” asegura Pancho Casal.
Nos primeiros dÃas, Wecoop aproveitará o gancho que a proposta tivo tanto nas redes sociais como en foros especializados para organizar debates, mentres se concretan os primeiros proxectos. “O primeiro debate serán as licenzas e asà poderemos ter novos ideas, coñecer o sector e descubrir novas opcións” explica Pancho ao tempo que detalla que a plataforma terá varios niveis en función dos perfÃs profesionais dos implicados. Ademais, Wecoop contará cun software colaborativo que permita organizar e optimizar o proxecto. De todos xeitos, Pancho Casal explica que a súa previsión é que a primeira proposta estea en marcha dentro de oito ou dez meses. E, ao mesmo tempo, cuns vinte proxectos (series de animación, series documentaisÂ….) cunha media de 125.000 euros de orzamento cada un, farÃan viable unha plataforma como Wecoop. “Ha de quedar claro que non vale para todo tipo de contidos, porque o modelo de negocio está pensado para produtos de cinema de corte máis comercial onde non terÃa cabida, por exemplo, o cinema de autor” explica Casal.
“Estou totalmente convencido que nos vindeiros meses veremos numerosas propostas como Wecoop, pero nós quixemos non esperar aos demais” apunta Casal, quen recoñece “o proxecto ten un pouco de utópico, pero eu creo que é posible”.

Gráfico: Esquema de producir contidos de xeito colaborativo
Fonte: Wecoop