O historiador Ramón Villares recibe a medalla da Universidade de Lisboa

Tamén é recoñecido co título de “investigador honorario”

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

A traxectoria académica e investigadora de Ramón Villares acaba de ser recoñecida coa medalla da Universidade de Lisboa e co título de “Investigador honorario”. O historiador, e tamén presidente do Consello da Cultura Galega, rebirá hoxe a medalla, no acto de apertura do ano académico 2011-2012 do Instituto de Ciencias Sociais, institución académica recoñecida internacionalmente. No evento presidido polo Reitor da Universidade de Lisboa, Antonio Novoa, o profesor Quentin Skinner, da Universidade de Londres, ofrecerá unha conferencia titulada “Unha xenealoxía do Estado Moderno”.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Universidade de Lisboa, Ramón Villares, Consello da Cultura Galega, Londres