“Na última Feira das Artes Escénicas xa anunciamos que habÃa que probar novos formatos escénicos. O ano pasado fixémolo cunha serie de showcaes sobre novo circo e este ano dámoslle máis cabida a esta fórmula”. Marta Paredes, responsable de programación do encontro explicou asà un dos cambios máis destacados da reformulada feira (agora chamada Mostra, ao verse reducida no número de compañÃas, orzamento, a desaparición dos stands). Unha fórmula que non convence a todos por igual.
É certo que os formatos cortos se están a presentar como tendencia. Cada vez máis,o sector cultural busca novas fórmulas de achegamento ao público, adaptándose aos seus ritmos e hábitos de consumo. Os productos audiovisuais breves anegan redes sociais e portais web que buscan un oco entre fenómenos máis asentados como son os microrrelatos e outros máis recentes (micropoesÃa, festivais de microcine rodado cun móvil)Â… mesmo o Salón Teatro realizou hai dous anos, pequenas incursións en pezas de teatro curto (eran as coñecidas Accións ST organizadas por Cristina DomÃnguez que, ao lado de obras de teatro de formato e duración axeitada). Sen embargo, neste caso é diferente. A diferencia resumiuna ben Salvador del RÃo, presidente de Escena Galega na presentación da Mostra das Artes Escénicas. “Non obedece a un criterio de programación, senón a un recorte orzamentario porque non son formatos curtos, senón presentación de espectáculos máis longos”. A convocatoria desta edición para seleccionar os espectáculos da mostra obedecÃa a dúas liñas: espectáculos completos (en total exhibiránse 11, dos que catro son para nenos) e as showcases de máximo de vinte minutos. Baixo este formato de presentación ofreceranse 14 montaxes divididas en dúas seccións. A primeira, que tivo lugar onte, foi para espectáculos de artes escénicas, mentres que a desta noite está pensada para linguaxes máis innovadores e contemporáneos como é a maxia, danza e novo circo (sesión de hoxe, no Salón Teatro, a partir das 22:00 horas).
Desigual recepción
“Non creo que isto funcione, pola simple razón que os programadores de Galicia adoitan quere ver os espectáculos completos” explica Manu Lago, responsable da distribuidora e produtora La TÃa Mardalina. Pero ademais desto explica que para unha compañÃa, representar exclusivamente vinte minutos ten os mesmos custes que facer o espectáculo completo. “Temos que dar altas na seguridade social por un dÃa que nos custa o mesmo que sexa para vinte minutos de función que para oitenta e cinco” puntualiza. La TÃa Mardalina está presente nesta edición da Mostra con “Le frigo”, un espectáculo que coproduce con Mundo Villalustre. O director da montaxe, Zé Paredes, explica que se presentaron as dúas modalidades, tanto á de espectáculo curto como a de longo porque “non podemos quedarnos fóra nunha plataforma de distribución, con todo o que supón”. E iso implica sintetizar en 20 minutos a esencia dun espectáculo que dura 65. “Non nos pemirte amosar a cor do espectáculo, a escenografÃa, a iluminación, aÃnda que si podemos trazar unha liña argumental do contido” puntualiza Paredes.
Hai outras compañÃas como Teatro do Noroeste (no caso de teatro de actor e de adultos) ou Caramuxo Teatro (especializada en teatro de monicreques para público infantil, de entre 3 e 7 anos) que optaron de pleno non presentarse a esta fórmula. Luma Gómez, de Teatro do Noroeste, asegura que non “nos presentamos ao formato de showcase, porque para o teatro coido que non ten sentido. Nós necesitamos unha iluminación, unha escenografÃa e unha forma completa de ver o espectáculo con garantÃas, ao mellor para outro tipo de disciplinas pode ser, pero para nós non”. Algo semellante pensa Juan RodrÃguez, de Caramuxo Teatro que explica que “o espectáculo que nós presentamos nesta ocasión non se poderÃa adaptar para unha showcase xa que a iluminación e a escenografÃa, que levan case un diá enteiro de colocación, teñen tanto protagonismo como o propio texto e non se poderÃa ver a súa especificidade”.
Sen embargo, hai outras compañÃas que consideran que a fórmula, sen ser perfecta, pode adaptarse para o tipo de produto que fan. É o caso de Producciones P&G, que presenta a obra de clown, Roces&Goces. “Para nós non é complicado porque xa temos un formato deste tipo para eventos” asume Alfonso Molina. Ademais, apunta que “a directora Marta Pazos resumiu o show en vinte minutos”. En todo caso, Molina recoñece que o ano pasado formaron parte do “ensaio” deste tipo de formato e “malia que tivo boa acollida entre o público non nos saiu ningunha función”. Algo semellante pensa o Mago Teto quen asegura non favorecerle este formato “porque eu busco é chegar as emocións dos espectadores. Habitualmente teño 90 minutos para buscar o punto máximo, e agora só teño 20 minutos e non podo conseguir que o público se sorprenda da mesma maneira”. A súa experiencia no sector explica que “cada xogo está posto nun punto determinado pola concepción de maxia”, pero aproveitará para facer unha sÃntese. “Non é habitual que nos teñan en conta aos magos neste tipo de espectáculos, por iso”.
Agora ben, a xornada d eonte comezou coa denuncia de Escena Galega que esta Mostra das Artes Escénicas se financia con cargo aos orzamentos de 2012. “Supón outro recorte encuberto” aseguraron no comunicado previo á apertura desta edición.