A propiedade intelectual na sociedade dixital vai ser o eixe do VIII Simposio O libro e a lectura, que organiza a Asociación Galega de Editores en colaboración co Centro Español de Dereitos Reprográficos e mais co Consello da Cultura. As TecnoloxÃas dixitais e o dereito á educación, o futuro da sociedades de xestión de dereitos ou a relación entre editores, escritores e bibliotecarios son algúns dos temas que se tratarán. O encontro celébrase os vindeiros 10 e 11 de novembro na sede do Consello da Cultura Galega, en Compostela.
Programa do VIII Simposio O libro e a lectura.