O escritor Manuel Rivas e o filólogo John Rutherford foron nomeados esta mañá doutores Honoris Causa pola Universidade da Coruña. A Mesa do Claustro da UDC aprobaba esta mañá as distincións, confirmando a proposta que saÃra da Facultade de FiloloxÃa. Encol de Manuel Rivas, a entidade considerou que se trata o "máis senlleiro escritor coruñés vivo e un dos máis polifacéticos e relevantes creadores en lingua galega". Pola súa banda, Rutheford foi recoñecido como " un dos máis importantes valedores internacionais da cultura galega" co seu traballo desde a Universidade de Oxford. AÃnda non se estableceu data para o acto do duplo nomeamento.