O sector editorial galego perdeu o 14 por cento dos seus empregos en 2010

Ao tempo, soben as tiraxes e o número de títulos editados

A completar os datos que xa adiantara o pasado mes de xullo, a Federación de Gremios de Editores de España acaba de facer público o Informe sobre o Comercio Interior do Libro en España. A partir destes datos, compróbase se deu unha baixada importante, o 14%, no emprego do sector, e reduciuse case á metade o número de colaboradores externos das editoras. O sector comercial foi que sufriu unha maior baixada, cun 18,8% menos traballadores. En total, traballan na edición en Galicia 249 persoas.


De xeito paralelo a este descenso, medra tanto o volume de títulos publicados, 2.115, dos que 1.556 foron en galego, como a tiraxe media das obras, con 1.589 exemplares, o que supón un 27,1% máis. No entanto, a facturación do sector en Galicia diminuíu un 8%, con 30,97 millóns de euros, unha tendencia que pode estar relacionada cos problemas derivados da implantación do Decreto para o Plurilingüísmo e o seu impacto nos editores.