O sector audiovisual é consciente de que a nova realidade (tecnolóxica, económica, social) mudou o modelo de negocio. A semana pasada o produtor Pancho Casal (responsable de Continental, unha das empresas produtoras máis fortes do sector) apuntaba cara tres liñas do modelo de neocio: o branded content, a produción de videoxogos ligado a contido audiovisual e a produción colaborativa. Precisamente este último campo está relacionado co que hoxePancho Casal deu a coñecer a través do seu blog e das redes sociais. Chámase Wecoop e, baseándose na filosofÃa crowdsourcing, está dirixido a produtores, profesionais e afeccionados, para producir e comercializar contidos audiovisuais, nos que a rede é un factor determinante para traballar. Unha plataforma para porá en conexión a profesionais e afeccionados ao mercado do sector audiovisual con produtoras para ofrecer productos audiovisuais de calidade e orixinais.