A realidade do sector audiovisual entra hoxe a debate en Faladoiro, o programa de Correo TV (21:30 horas). O debate centrase en dous aspectos concretos do sector: o cine e a ficción galega. Para falar do tema, o programa presentado por Carlos Roma contará coa presenza de Anxo Quintanilla, xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia; Antonio Mourelos, presidente da Academia Galega do Audiovisual; Ramón Varela, produtor executivo de Pórtico e Jorge Algora, director de cine e alto executivo de Adivina.