A sede da Fundación Caixa Galicia en Compostela acolle hoxe e mañá O I Colóquio Guerra da Cal, co que a Academia Galega da LÃngua Portuguesa quere celebrar o centenario deste escritor ferrolán. Canda a aspectos da vida e obra do autor, como a amizade con Lorca, a súa produción poética e a súa produción musical, o encontro aborda tamén diferentes cuestións sobre a lexicoloxÃa e a situación do portugués. Pola súa banda, a Asociación de Escritores en Lingua Galega celebra o vindeiro sábado 15 na Cidade da Cultura a xornada Volver a Castelao, na que se abordarán cuestións como a pegada do rianxeiro na construción do nacionalismo, a súa importancia na crÃtica social e no humor gráfico ou a súa obra literaria.