A miúdo a presenza das árbores pasa inadvertida no medio da paisaxe urbana. Podas, malos tratos ou mesmo talas son ameazas habituais dunhas masas arboradas que tenden a desaparecer. A reivindicar a presenza destes seres vivos e con intención de chamar a situación do seu estado, un grupo de arquitectas acaba de publicar, en colaboración do Concello da Coruña, A árbore na cidade, un completo estudo que identifica e valora todos os exemplares que existen nesta urbe.
Os adros das igrexas, as beiras das estradas que saen das cidades, as alamedas e os paseos nados nos séculos XIX e XX, as prazas... As árbores son un elemento habitual en moitos espazos das nosas cidades. No entanto, a presenza vexetal está a diminuir e é cada vez peor tratada. Ana Gallego, Pascuala Campos e Soledad Bugallo embarcáronse no proxecto e elaborar un estudo sobre as árbores da Coruña “porque estabamos a ver como se deforestaron os centros das cidades, e isto afectábanos moito”. Como resultado do seu interese xurdiu a obra A árbore na cidade, na que as autoras argumentan as bondades de contar con estes seres vivos na planificación urbana e achegan diferentes recomendacións ao respecto. No entanto, a maior parte da obra é un completo catálogo de espazos urbanos arborados na cidade, con planos, fotografÃas e clasificación e medidas de todas as árbores presentes nos mesmos. Ademais, en cada caso valórase a actual situación dos espazos e fanse propostas de actuación especÃficas para mellorar a situación dos exemplares presentes.
Mal estado
En xeral, segundo lembra Ana Gallego, “hai unha deficiencia de espazos arborados” nas nosas cidades. E mesmo apuntan que a diminución de exemplares nunha cidade como A Coruña chegou á perda de 300 árbores en oito anos. “Comezamos o traballo en 2008 e desde entón ata que se publicou vimos como desapareceron árbores emblemáticas que lle daban unha grande singularidade ao espazo no que estaban”, explica Pascuala Campos. A falar sobre a situación dos exemplares que se manteñen dispersos nos cascos urbanos, as autoras salientan que “hai un grande maltrato cara ás árbores. De xeito xeral, dáse un exceso de poda, que só deberÃa ser necesaria en casos de emerxencia. “As árbores da Coruña son como muñóns por estas podas. Logo é habitual un mal emprego do solo, cunha compactación excesiva do terreo que non permite respirar a raÃz”, explica Campos. “Realmente son tratados como mobles urbanos que se moven dun lugar para outro, existe moi pouco coñecemento do seu significado e non se ten en conta que é un ser vivo. Son cousas moi obvias, pero no existe sensibilidade ao respecto”. Chama a atención, no entanto, que tal e como recolle A árbore na cidade o propio Plan Xeral de Ordenación Municipal da Coruña apunta a necesidade de protexer e conservar as árbores e sinala explicitamente que “toda perda de arboredo na vÃa pública debe ser reposta de forma inmediata”.
Talas
De xeito especial, estas arquitectas denuncian a facilidade coa que se aborda a tala destes seres vivos. “Córtanse se ter en conta a súa idade, e mesmo por cuestións como pasar un cable”, lembra Campos, “HabÃa tres ulmeiros na rúa da Maestranza que debÃan ter como oitenta anos, agora xa non queda ningún. Un deles caeu por un temporal. A outro cortáronselle as raÃces para meter cableado, e o outro cortouse por medo a que caese”, lembra Gallego. “Non se barallaron posibilidades como arriostrar as árbores con cables ou crear un parterre en condicións. O cemento chegáballes ao borde do tronco”. Noutras ocasións, “como en Santo Domingo, substituÃronse dous magnolios por contedores para o lixo”, sinala Campos. “No Campiño de Santa MarÃa, en Pontevedra, elimináronse dezanove carballos de máis de sesenta anos para facer escavacións arqueolóxicas. Unha árbore pode tardar todo ese tempo en crecer e córtase en cinco minutos. A facilidade coa que desaparecen tamén anestesia un pouco a cidadanÃa ao respecto”.
O urbanismo duro
Estas investigadores sitúan nas actuais tendencias urbanÃsticas boa parte das causas do actual desleixo encol das árbores no paÃs. “Desde os anos 80 e comezos dos noventa comezou a se expandir, desde Cataluña, o modelo de praza dura”, lembra Gallego. “As rúas da cidade agora serven máis para moverse que para ficar, fanse espazos sen árbores”, sinala Campos. Para alén das árbores en si, “este modelo non ten en conta a permeabilidade do chan, que ten que respirar, nin as variacións nos niveis freáticos, é bastante agresiva. Este modelo mpúxose nos oitenta como estético e hixienista, e poida que estea tamén relacionado co modelo económico e a idea de consturÃr e pavimentar cada vez máis. Agora é en Cataluña onde están tamén a mudar isto e preocúpanse de que o chan sexa permeable, erguen o pavimento e poñen prazas de terrazo”, explica Gallego.
Vantaxes arbóreas
E é que, para alén do seu valor estético e simbólico, as autoras do libro salientan a utilidade das árbores para producir sombra. “Non cómpre facer pérgolas, o mellor son árbores, e de folla caduca, que deixan pasar o sol no inverno”, lembra Campo, “e mantelos custa moi pouco”. Segundo os datos que recollen no seu libro estas arquitectas, unha árbora adulta, no verán, baixa a calor 10 ou 14 grados e tranpira entre 300 e 500 litros de auga ao dÃa. “Ademais, dependemos deles e da función clorofÃlica que realizan. A nivel de xénero tamén afecta, porque está a idea da relación coa árbore e coa Nai Terra que se perde”.
É de agardar que propostas como a que nos achegan estas arquitectas nos axuden a ser algo máis conscientes destes seres vivos que nos acompañan no dÃa a dÃa. E que os troncos non nos impidan ver as árbores.
A árbore na cidade, obra completa en pdf.Os adros das igrexas, as beiras das estradas que saen das cidades, as alamedas e os paseos nados nos séculos XIX e XX, as prazas... As árbores son un elemento habitual en moitos espazos das nosas cidades. No entanto, a presenza vexetal está a diminuir e é cada vez peor tratada. Ana Gallego, Pascuala Campos e Soledad Bugallo embarcáronse no proxecto e elaborar un estudo sobre as árbores da Coruña “porque estabamos a ver como se deforestaron os centros das cidades, e isto afectábanos moito”. Como resultado do seu interese xurdiu a obra A árbore na cidade, na que as autoras argumentan as bondades de contar con estes seres vivos na planificación urbana e achegan diferentes recomendacións ao respecto. No entanto, a maior parte da obra é un completo catálogo de espazos urbanos arborados na cidade, con planos, fotografÃas e clasificación e medidas de todas as árbores presentes nos mesmos. Ademais, en cada caso valórase a actual situación dos espazos e fanse propostas de actuación especÃficas para mellorar a situación dos exemplares presentes.