O completo dosier que Poesiagalega.org presentaba o pasado mes de maio sobre Lois Pereiro conta xa cunha segunda edición ampliada. A nova versión "incorpora unha parte significativa da relevante produción crÃtica dedicada ao autor con motivo da celebración do DÃa das Letras", entre as que se atopan os suplementos especÃficos que se publicaron en El Ideal Gallego, Faro de Vigo e Xornal de Galicia, asà como o catálogo completo da exposición Desembarco dos 80. Cando A Coruña foi posmoderna. Asimesmo, tamén se poden ouvir e ollar as entrevistas que lle fixeron Ana Romanà e Xosé Ramón Gayoso ao poeta ou diferentes documentos audiovisuais que recollen a celebración do DÃa das Letras. O material está dispoñible no web Poesiagalega.org, onde tamén se pode descargar completo en formato pdf.
Lois Pereiro – Achegas crÃticas (2ª edición).Fonte: Poesiagalega.org