O sexto edificio do Museo de Pontevedra acolle mañá, a partir das 20 horas o noveno dos once faladoiros que está a organizar o Consello da Cultura Galega con ocasión do centenario de Álvaro Cunqueiro. "Os intelectuais galegos e o franquismo" será o tema que tratarán Xosé Fortes, Olivia Rodríguez, Xesús Alonso Montero e Luís Cochón, nun encontro que presentará Rosario Álvarez.